Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - jueves, 05 de noviembre de 2026
Non é o mesmo gañar ca saber gañar

Aquel domingo tocaba xogar. Levaban semanas preparando o partido e, a dicir verdade, xa se vían co trunfo nas mans, a foto nos xornais e algunha que outra palmadiña nas costas. O caso é que, ao rematar o partido, perderon. E perderon ben. Sen escusas posibles, aínda que algún xa empezaba a culpar o árbitro, o estado da cancha e mesmo a mala sorte, que sempre ten a culpa cando non hai outro a quen botarlla.
Pingas de Orballo No vestiario, mentres uns calaban e outros rabiaban, apareceu o de sempre: "O importante é participar". E díxoo cun sorriso de circunstancias, coma se acabara de descubrir a pólvora. Todos asentiron, pero ninguén parecía moi convencido. Porque unha cousa é participar e outra ben distinta e quedar sen ganar.
O curioso veu despois. Os vencedores, que ata entón foran uns tipos bastante discretos, comezaron a pasear a súa alegría coma se acabasen de ganar unha guerra. Había que velos! Gritos, abrazos, fotografías e algunha que outra mirada de superioridade. Daquela enténdese que perder pode ser doloroso, pero ganar tamén require certa educación. Porque hai quen non sabe perder, pero tamén hai quen, en canto gana, esquece de onde vén e ata quen é.
A vida parécese bastante a ese partido. Ás veces ganas cando menos o esperas e outras perdes mesmo cando cres ter todo a favor. Querer e non poder, poder e non querer, chegar tarde ou marchar demasiado cedo... Sempre hai unha cara e unha cruz, e nunca sabemos cal nos vai tocar. O difícil non é tanto ganar ou perder, senón saber estar en cada momento.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES