Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Liberdade de expresión

Rubia, Xoan - jueves, 05 de noviembre de 2026
É un recurso moi utilizado por aqueles que cren dispor dunha patente de corso para insultar, difamar e calumniar sen que iso supoña ter que asumir ningunha responsabilidade. A liberdade de expresión está consagrada no artigo 19 na Declaración Universal dos Dereitos Humanos e no 20 da Constitución española e ampara aos individuos para que podan expor opinións e ideas sen temor a represión, censura ou sancións. E está moi ben que así sexa, pero non debe eximir aos que insultan, difaman ou calumnian da súa responsabilidade.

Non hai hoxe manifestación que se prece, aínda que sexa para reivindicar o lacón con Liberdade de expresión grelos, na que aparezan os consabidos grupos neofascistas a proclamar a grito pelado os seus "slogans" xenófobos e vivas ao ditador ao tempo de chamarlle fillo de puta ao presidente do goberno e non pasa absolutamente nada malia que as arroutadas nostálxicas da ditadura fascista estean consideradas como "unha infracción administrativa moi grave" que conleva sanción pero non está tipificada como delito penal. Polo que se ve depende de quen cometa a infracción para tipificala como delito.

O pasado 16 de setembro tivo lugar un acto no Casino Militar en Madrid no que un tenente coronel retirado suxeriu que as Forzas Armadas deberían asumir a súa responsabilidade co gallo de emendar a Constitución de arriba a baixo. En roman paladino: que deran un golpe de Estado. Sinxelamente creo que pedir as Forzas Armadas que dean un golpe de Estado é o suficientemente grave como para que o autor da proposta asumaa súa responsabilidade.

Pablo Hasél, "rapero" español, foi detido e encarcerado en 2.021, e aínda o está, por inxurias á Coroa (chamou a Juan Carlos I ladrón e borracho) e por exaltación ao terrorismo. Pedir publicamente un golpe de Estado que é? Liberdade de expresión?

Tanto monta Francisco Bendala Ayuso, que así se chama o tenente coronel instigador golpista, como o cantante do xénero "rap" Pablo Hasél? Pois polo que se ve semella que non. Dobre vara de medir para ambos os dous? Pois polo que se ve semella que si. E así imos indo polos inescrutables camiños legais desta España nosa.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES