Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Espéranos un futuro mellor

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 05 de noviembre de 2026
Que esta vida presenta moitos problemas, é ben certo.
Xa empezan cando nacemos.
Empezamos a vida chorando.
Choramos porque temos medo ó cambio.
Peo, andando o tempo, ese cambio merece a pena.
A VIDA É MOVEMENTO
Auga parada non move muíño, di o refrán.
Se nos paramos, anquilosámonos.
O que non se atreve, non pasa o río, di outro refrán.
Sempre os tempos foron difíciles.
Ó longo da historia sempre houbo guerras, sempre houo terremotos, sempre houbo xente perversa...
O xoio sempre medrou polo medio do trigo; pero non consegiu afogalo.
O MAL FORMA PARTE DA VIDA
Non hai atallo, sen traballo.
Non hai ben que por mal non veña.
O mal forma parte da nosa existencia.
Se non fóramos libres, actuaríamos como autómatas, como robots...
Pero a liberdade permítenos probar, experimentar, enmendar...
Das malas experiencias, tamén se aprende.
Erramos, pero aprendemos.
BUSCAMOS O BEN
Intentar, intentámolo.
Unhas veces acertamos e outras erramos.
Somos humanos.
As nosas limitacións poñen barreiras máis ou menos difíciles de superar; pero con esforzo conseguimos superalas.
O afán de superación sigue alto.
Grazas a ese afán, evolucionamos aínda que teñamos que enfrontarnos a cambios bruscos.
CAMBIOS BRUSCOS
Foron moitos os cambios que logrou supera-la humaniade ó longo da historia:
-Imaxinemos os cambos que producíu o invento da roda.
-Qué dicir do descubrimento do lume! ¡Qué medo, dirían algúns!
-E cando apareceu a elecricidade! ¡Algo máxico!
-E cando apareceron os primeiros veículos a motor. ¡Mi madriña!
-E cando o ser humano soñou con voar. ¡Parecía imposible!!!
-E outros moitos...
CAMBIOS ACTUAIS
Nestes tempos os cambios medran como o leite no lume.
As noticias superpóñense: o que hoxe é noticia, mañá xa non o é.
-Prodúcense cambios nos costumes.
-Cambios na maneira de ve-la vida, a xente nova pensa doutra maneira e, a veces, costa caro comprendela.
-Cambios na familia.
¡Se os nosos ancestros levantaran a cabeza!
-Cambian moitas cousas.
OUTRAS PERMANECEN
-Permanecen os principios aínda que haxa quen os ignore.
-Permanecen os bens imperecedeiros.
-Permanece a paz no corazón da maioría das persoas.
-Permanece o afán de superación.
-Permanece a esperanza nun mundo mellor.
-Permanece o amor.
-Permanece Deus que é quen a través do Espírito, vai guiando os nosos pasos.
Grazas ós valores que permanecen, a humanidade vai buscando solucións.
E TODO IRÁ BEN
O futuro ninguén o sabe; sempre presenta incertidumes.
Cómpre non desfalecer no intento de mellorar día a día.
A pesar dos atrancos, seguimos evolucionando cara a un futuro prometedor.
Confiamos nun futuro mellor,
O Espírto divino guiará os nos pasos e para conseguilo, seguiremos loitando xeración tras xeración.
Sempre foi así.
"SEMPRE FOI ASÍ"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.


Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES