Na escola das Benaventuranzas e de Tódolos Santos
Miguélez, Xosé Antón - domingo, 01 de noviembre de 2026
DOMINGO 31 A- Festa de Tódolos santos.- Ap 7,2-4.9-14.- Sal 23 (24(.- 1Xn 3,1-3.- Mt 5, 1-12
+Vin un mundo de xente que ninguén era capaz de contar que proclamaban: a salvación perténcelle ao noso Deus e mais ao Año. (Ap 7,9.10)
+Vede o moito que nos quixo o Pai, para nos chamar fillos de Deus e sérmolo de verdade (1 Xn 3,1)
+Ditosos os pobres no Espírito, porque deles é o Reino dos ceos (Mt 5,3)
NA ESCOLA DAS BENAVENTURANZAS E DE TÓDOLOS SANTOS
1. ¡Que gran obra meu Deus
a túa creación,
que regalou a tantos
tanto baño de amor,
tanta luz para ver
o teu sorriso e ser,
presente nos teus santos!
2. ¡Que camiño cotián
de esforzo non doado,
afrontando a tarefa
familiar e social,
que por veces deixou
o encanto baixo o po
de furadas fardelas!
3. ¡Que calvario de dor,
clamando redención
liberación e azos,
no que de cote andamos,
sen ver que nos sostés:
só na fe confiando,
na graza do deber!
4.¡Que vitoria preciosa
de Cristo ao perdoar
sen deixar de loitar,
e de calquera outra
que logre respectar
mesmo a quen o amouca
e para o ben ten forzas!
5. ¡Que carreiro tan claro
para as nosas pasadas,
o dos santos e santas
que amaron confiando
nas benaventuranzas!
¡Que a semente botada
se faga en nós bo ramo!
6. Deus Misterio profundo
simple e bo coma o pan
partido e repartido,
sen te esgotar xamais:
¡Que no lusco e no fusco,
como os santos, servindo,
eu te adore no irmán!
¡Apertas de domingo!
(Xosé Miguélez é párroco de Vilanova de Lourenza, da diocese de Mondoñedo-Ferrol, provincia de Lugo)

Miguélez, Xosé Antón
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora