Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Corrida de Touros en Foz

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 12 de noviembre de 2026
Esa corrida de touros celebrouse un día 10 de agosto de 1969, e foi precisamente no prado de Ramos, onde se instalou a praza de touros ambulante. Corrida de Touros en Foz

Texto do cartel publicitario da corrida:

Plaza de Toros de Foz.
Domingo, día 10 de Agosto de 1969.

Se celebrará, si el tiempo no lo impide, con presencia de la autoridad y bajo su presidencia, una ENORME NOVILLADA.

4 Soberbios novillos cuyas defensas no han sido despuntadas, cortadas, limadas ni sometidas a manipulaciones fraudulentas.
Señal: hendido en ambas orejas; con divisa blanca y borde, de la famosa y acreditada ganadería de D. Jesús y D. Jacinto C. Martín y D.ª Angustias Santos de Salamanca, serán toreados, banderilleados y muertos a estoque. ESPADAS.

Hilario Taboada el torero gallego y Alfonso Cela CELITA II, sobrino del gran torero de Lugo, unidos en un sensacional mano a mano. Acompañados de sus correspondientes cuadrillas de banderilleros y sobresaliente.

La corrida comenzará a las seis de la tarde. Precios populares en taquilla.


-.-

Eran as 12 da noite do día anterior á corrida, 9 de agosto, e estaba o presidente da Comisión de Festas, Javier Morán Blas, ás portas da casa do Gobernador Civil de Lugo, esperando por el para que lle asinara a autorización para a corrida de touros.

O gobernador estaba ausente por participar nunha voda como invitado.

Hai que destacar que a comisión de festas dese ano, esqueceu botarlle area ao piso da praza, polo que os touros, en vez de turrar ao destro, Corrida de Touros en Foz dedicábase a pacer na herba do chan e pasar totalmente do asunto.

Outro dos datos curiosos, foi que, ao non contratar unha banda de música para amenizar o acto, tiveron que levar aos gaiteiros do grupo Brisas do Masma de Mondoñedo.

Pero a anécdota máis destacable dese día, foi a sorpresa de Mari Carme, que cando veo saír aos destros cos capotes de paseo (envolvendo o brazo), exclamou ¡Ai, anche torear ben co brazo en cabestrillo!.

Ese mesmo ano e organizado pola mesma comisión, nace o I Trofeo Conde de Fontao, partido disputado entre os equipos Sportin de Xixón e Pontevedra C. de F., gañando o Xixón 4 a 0.
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES