Se os españois soubéramos ou coñecéramos a verdadeira historia de España, moitos coido que se poñerían mal da cabeza. Nela só nos falan dos nosos éxitos e dos nosos heroes, pero apenas nos falan das derrotas e dos traidores. Imos ver a grandes liñas como foi a colonización de Galicia, pero repito, a grandes liñas.
No século XV, xurdiu un movemento en Galicia da clase obreira en contra dos poderosos e de aqueles que abusaban do noso pobo, daquela que existía o "dereito de pernada", que consistía, que cando unha parella se casaba, a noite de vodas a noiva tiña que deitarse co "señor", que dominaba o seu territorio. Daquela en que os condes, vizcondes, marqueses, reis, etc. o dominaban todo e mataban ao pobo de fame.
Este movemento obreiro chamábanse "OS IRMANDIÑOS", que se revelaron contra todas as falcatruadas destes poderosos e conseguiron destruírlles centos de pazos, casas señoriais e castelos por toda Galicia.

Estes poderosos ao verse acurralados acudiron a pedir axuda aos Reis Católicos a cambio de submisión e pagarlles impostos, ditos impostos recaerían sobre os de sempre, sobre dos pobres traballadores e a xente humilde.
Por outra banda, temos ao mariscal Pedro Pardo de Cela, que casa con Isabel de Castro, filla do Conde de Lemos e curmá de Isabel II (A Católica).
Para a súa voda, o bispo de Mondoñedo dálles como agasallo de nupcias varias terras, varios montes, algunha casa e incluso un castelo.
Pedro Pardo de Cela de Aguiar e Rivadeneira, chega a ser alcalde de Viveiro, pero ten unha das súas residencias na Frouxeira en Foz, de aí que pretende facer no noso Concello un porto de tráfico marítimo internacional.
Cando os Concellos de Ribadeo e Viveiro souberon da súa idea, poñen o berro no ceo, decatándose perfectamente que un porto dese tipo, acabaría arruinando aos portos deses dous concellos, polo que teñen a santa ocorrencia de pedir tamén axuda aos Reis Católicos.
Por se fora pouco, en Mondoñedo cambian de bispo e mira ti por onde, o novo bispo, reclámalle a Pedro Pardo de Cela, todo canto o bispo, o seu antecesor lle regalou pola súa voda, pero o mariscal renuncia a devolver o que se supoñía que era del. O bispo de Mondoñedo fai o mesmo que os anteriores e pide axuda aos Reis Católicos.

Os Reis Católicos ao ver a división que xurde entre nós e que non nos entendemos, ollan nesas peticións a chave da porta para abrir a Galicia de cara ás dúas Castelas, pois daquela, España aínda non existía como tal. Pero eles non veñen persoalmente á conquista, se non que nos mandan ao capitán do seu exército, Luís Mudarra.
Chegados os exércitos casteláns a Foz, concretamente á Frouxeira onde Pardo de Cela tiña a súa fortaleza, comezan unha batalla campal sen precedentes, pero cada batalla que Luís Mudarra emprende, batalla que os casteláns perden.
Os historiadores non conseguen saber o número de batallas que houbo na Frouxeira nin o tempo que durou a contenda, pero ao final de varios meses de batallas, Mudarra compra a uns criados do mariscal que son do Valadouro e a cambio de ouro, traizoan ao mariscal abrindo unha entrada secreta da fortaleza para que entrara o exército castelá, facendo prisioneiro a Pedro Pardo, ao seu fillo e a varios criados, que son trasladados a Mondoñedo.
Así di o cantar medieval dedicado ao suceso:
Per treyzón tamén vendido Jesús, nosso Redentor, e por questes treydores,
Pero Pardo, meu Señor.
NOTA: No medievo podía chamarse PEDRO ou PERO, como pon neses versos.
Acto seguido, Isabel de Castro, señora do mariscal, desprázase a Castela a visitar a súa curmá Isabel a Católica para pedirlle o perdón para o seu marido o mariscal. Perdón concedido e de volta a Mondoñedo, a dona do mariscal ten que atravesar o río Valiñadares pola ponte dos Ruzos. Alí a esperan catro sacerdotes disfrazados de soldados que lle dan o alto e lle preguntan para onde vai. Cando Isabel de Castro responde que vén de buscar o perdón para o seu marido, os sacerdotes pídenlle o documento e lle din que espere, que queren verificar se é auténtico ou é unha falsificación, pero estes elementos, o que querían era facerlle pasar o tempo para que así decapitaran a Pardo de Cela, ao seu fillo e aos criados.
Desde aquel día, 3 de outubro de 1483, día no que foron decapitados, a ponte dos Ruzos pasou a chamarse "A Ponte do Pasatempo". Foron decapitados na praza da Catedral de Mondoñedo.
Conta a lenda, que a súa cabeza ao rodar polo cadafalso e segundo a Igrexa Católica, a súa boca exclamou "Credo, credo, creo", dándolle a entender ás xentes, que Pardo de Cela morreu coa conciencia de bo católico, pero a versión popular, a versión do pobo, di que a súa boca dixo "Clero, clero, clero". Non só se conformaron con decapitalo, se non tamén que destruíron por completo a súa fortaleza da Frouxeira.
A partir de aí, os Reis Católicos machican o desangran a Galicia. Obrigan aos rapaces novos a ir con eles á reconquista de Granada, non ían como soldados, ían como prisioneiros. Obrigáronnos a queimar os viñedos e os olivares que eran os mellores de Europa. Prohibíronnos elaborar o liño para beneficiar o algodón dos cataláns. Prohibíronnos celebrar as vodas máis de un día. Prohibíronnos estar na rúa en número superior a seis persoas. Traducíronnos os topónimos e apelidos a sabe Deus que idioma, que os españois chámanlle "CASTELLANO", por exemplo, Sanxenxo que lle puxeron Sanjenjo, cando resulta que Sanxenxo en castelán sería Sanginés, ou o apelido Sanxurxo que o traduciron como Sanjurjo, cando en realidade en castelán tería que ser Sanxurxo, pero, ollo!!!, Sanxurxo ou San Xurxo
é diminutivo de Xorxe, ou sexa, San Xorxe en castelán é San Jorge, pero ese diminutivo en castelán, tería que ser Jorgito (Xurxo). Prohibíronnos o idioma galego e degradárono a dialecto e nas cidades e pobos grandes, con un elevado control de gardas para evitar que faláramos en galego. O propio cronista oficial dos Reis Católicos, Jerónimo Zurita, cualificou os feitos de "doma y castración del Reino de Galicia". O noso idioma sobreviviu grazas aos mariñeiros e xentes do rural, porque aí non chegaba a garda que o prohibían.
Veulles como anel ao pelo, que por certos acontecementos acorridos en Galicia os chamáramos pedíndolles axuda, para logo aproveitar para colonizarnos, é como se Ucraína cando pide axuda internacional, acabaran ocupando ese país para colonizalo baixo o xugo de outro país.
E moito máis que non vos poño.
NOTA: As fotos son da FROUXEIRA, son os restos da fortaleza de Pedro Pardo de Cela, que unha vez decapitado, destruíuna o exército castelán.