Ollares de Lino Novás Calvo a través do semanario: Mundo Gráfico (1935-1937)
Rivero, Manuel - lunes, 09 de noviembre de 2026
Para comprender o papel de Lino Novás, nos diferentes medios madrileños, principalmente: "El Sol"; "La Voz de Madrid"; "Mundo Gráfico" e "Luz (diario de la República), ademais da súa calidade literaria, enfoque da noticia, destreza e profesionalidade, hai que ter en conta a figura de D. Nicolás María de Urgoiti, fundador dos diarios: El Sol; La Voz; Luz e de forma tanxencial de Mundo Gráfico (1).
D. Nicolás, foi o gran descubridor e mentor de Lino, nos medios de referencia de Madrid, durante os anos 1931-1936, nos que o acolleu, lle deu espazo privilexiado, visibilidade, protagonismo e remuneración xusta. Recursos que Novás soubo aproveitar e facelos máis eficientes e rendibles. Aprendeu a potenciar o talento, a través da liberdade, Oo estudo, a creatividade e a innovación.
Os sete primeiros artigos, levan o encabezado de "Cien años fuera de la ley", son unha ampla reflexión sobre o gansterismo americano, a incidencia social e as súas profundas externalidades negativas. O impacto visual das viñetas engaden valor a redacción de Lino.
Os dous seguintes, o escenario está en Madrid: No primeiro, relata por o miúdo o accidente da rúa Atocha, ao pé das fotogracias, a modo de subtitulos, ensanchan a dimensión da dor e centran o impacto visual, que arrepía o corpo, semella que acaba de acontecer. Texto e imaxes paran o tempo nun realismo tráxico.
No segundo, fai unha analise compartiva do comportamento entre os votantes de dereitas e os de esquerdas, nas eleccións xerais, do día 16 de febreiro de 1936.
As imaxes mostran aos posibles votantes de dereitas dentro da igrexa, rezando, confensando, comulgando, a modo de duelo, inundados por a tristeza, a maioría son mulleres e xente maior, en cambio, os posibles votantes de esquerdas, son homes xovens, alegres e formados, dentro dos cafés populares e de barrio. A través das fotos, non se aprecia neutralidade informativa, por parte Lino.
Lino muda de escenario, e os catro últimos artigos, nárraos desde a cidade de Barcelona.
En "Los últimos velereos", encontramos ao Lino auténtico, de metáforas brillantes, texto vibrante, cheo de vida, nostalxia, liberdade, calor e color. As fotos ensanchan a memoria, recuperan lembranzas e arrecendos de aire fresco e sabores mariñeiros.
No do "Adiós al barrio chino", traballo de investigación, co que redactou o libro "Un experimento en el barrio Chino" (2), texto moi ben trenzado, que desenvolve de forma maxistral ao longo das súas 64 páxinas.
As tres últimas entradas, "Los vagabundos del mar", están centradas, nos excluídos, que malviven no entorno do porto de Barcelona, sen teito, escasa comida e mal vestidos.
No período de tempo que vai do día 23 de outubro de 1935 ata o día 10 de febreiro de 1937, Lino publico 14 artigos, con diferente temática, pero coa mesma forma, o mesmo fondo e similar enfoque. Un quédase coa dúbida, se falan máis as imaxes, os textos ou os silencios, ou os tres a vez, respectando os seus tempos, modos, medios e canais.
Por orden cronolóxico, aparecen os seguintes artigos:
- Cien años fuera de la ley (23-10-1934). Historia de esa dramática lacra social que es el "Gansterismo".
- Cien años fuera de la ley (20-11-134). "Los gansters piratas"
- Cien años fuera de la ley (27-11-1935). "Juego, crimen y política"
- Cien años fuera de la ley (04-12-1935) "La difusión del ganster"
- Cien años fuera de la ley (11-12-1935). Los "fences"
- Cien años fuera de la ley (18-12-1935). Los "porqués"
- Cien años fuera de la ley (01-01-1936). La última guerra de bandas.
- Las huellas de la tragedia (29-01-1936. El día aciago. Después del atropello de la calle Atocha. Miseria y dolor...
- Las iglesias durante la jornada electoral (19-02-1936)
Muchos electores de derechas han orado durante las primeras horas de la jornada electoral.
Y los de izquierdas han esperado el resultado de los escrutinios en los cafés populares de barrio.
- Los últimos veleros mediterráneos (18-03-1936). Nuestros viejos veleros.
A pie de foto: "Al llegar al puerto, los veleros, grandes aves de mar, pliegan sus blancas alas de tela. Duermen en la noche mediterránea sobre un mar tranquilo lleno de estrellas, al amanecer, unos hombres les abren las alas y vuelven a su vuelo suave sobre el mar".
- El adiós al barrio chino barcelonés (25-03-1936). Pie de foto: Lo que ya no veremos en el barrio chino barcelonés. Ahora en el barrio chino, esos muchachos ya no podrán vestirse de mujeres para imitar a las bailarinas y las cupletistas.
- Los vagabundos del mar (15-04-1936). El visitante.
- Los vagabundos del mar (06-05-1936). Hombres sin mujeres.
- Los vagabundos del mar (13-05-1936). Grandeza y decadencia de un hombre de mar.
NOTAS:
1. Hemerotca digital de la Biblioteca Nacional de España (BNE).
2. Novás, L.: Un experimento en el barrio chino, Madrid: Editores reunidos, 1936.

Rivero, Manuel