Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As crónicas de Lino Novás Calvo no diario 'La Voz'

Rivero, Manuel - lunes, 02 de noviembre de 2026
A sinatura de Lino Novás Calvo no diario vespertino "La Voz" (1) de Madrid, marcou estilo e identidade. Foi a referencia a modelar, replicar e seguir.
Lino, posuía tres espazos privilexiados, con diferente encabezado. Un era fixo cada semana e os outros dous tiñan menor extensión e estaban máis concentrados no tempo.
O epígrafe "El reportaje semanal", incluía unha análise extensa, rigorosa e documentada, sobre temas silenciados ou socialmente relevantes, o texto ía acompañado dunha viñeta, que engadía valor e reforzaba o impacto visual. Xeralmente ocupaba a páxina 4 do diario.
De marzo a xullo do ano 1934, publicou os seguintes artigos:
- Los jardines de la muerte (30-04-1934)
- El sol poniente del Pacífico (07-05-1934)
- Los nuevos sistemas de esclavitud (14-05-1934)
- La competencia de armamentos (21-05-1934)
- El tráfico de armamentos (29-05-1934)
- La lucha por los mercados (11-06-1934)
- Azúcar y sangre en el Caribe (18-06-1934)
- La revolución de los códigos (02-07-1934)
- Entre el Japón y la Unión Soviética (09-07-1934)
- La mujer en las sociedades modernas (16-07-1934)
- Los capitanes del dólar (23-07-1934)
- De Cuenca, a la Ciudad Encantada (30-07-1934)
No segundo apartado titulado "Breves reportajes", Lino, puxo o seu foco de atención, de forma breve e impactante en temas de actualidade, aos que non se lles daba a visibilidade, que merecían.
Nos meses de xuño e xullo, do ano 1934, publico catro artigos:
- Turquía, reformada (02-06-1934)
- Alcohol, crimen y aventura (07-06-1934)
- El último Napoleón, o el hijo de Saud (29-06-1934)
- Los que no trabajan y los que no comen (18-07-1934)
No terceiro espazo, titulado "El emigrante en la isla de Cuba", escribe cinco artigos relatando as súas experiencias na illa. Con esa mesma estrutura, tecería a maior parte dos contos, que tanta repercusión e aceptación social tiveron.
No mes de agosto de 1934, publico seis artigos seguidos. Semanas antes da súa publicación, tiveron ampla publicidade nos diarios El Sol e a Voz.
- La ciudad, el campo y el mar (21-08-1934)
El Cayo: la entrada en la Manigua.
- La ciudad, el campo y el mar (22-8-1934)
El Cayo: mosquitos y tiburones
- La ciudad, el campo y el mar (23-08-1934)
Del hospital a la cárcel
- La ciudad, el campo y el mar (24-08-1934)
Cañaveral adentro
- La ciudad, el campo y el mar (27-08-1934)
Tres goletas: "La religiosa", "La cativa" y La Rosaura.
- La ciudad, el campo y el mar (28-08-1934)
El contrabando de hombres

A modo de descarga eléctrica, sismógrafo e mesmo termómetro social, Lino, deulle espazo aos temas transfronteirizos; migratorios; xunto a pobreza, miseria, marxinalidade e a exclusión social. É decir, a ese segmento de descamisados, anónimos, que estaba aí ao lado e que tantos ignoraban.
Transformou as súas columnas, nun lenzo vivo. Retratou de forma precisa, real e oportuna á vulnerabilidade, as folgas, a miseria, o poder e a esclavitude.
O periodismo de Lino, nesta curta etapa reúne tres principios en simbiose perfecta, que o fan único: gran calidade literaria, descarnado e inmensamente humano.
Esta etapa laboral, aínda que curta deulle a Lino estabilidade económica, gozaba dun contrato laboral fixo, con ingresos significativos. Os acontecementos políticos e o cambio dos accionistas, truncaron a traxectoria profesional de Lino, os meses seguintes entrou nunha espiral de incerteza e declive, ata o final da Guerra Civil, que tras numerosas dificultades comezou unha nova etapa na Habana.
O paso da firma de Lino do diario El Sol, no que gozaba de gran prestixio, á redacción da Voz, foi de forma natural, dado que, "El Sol" e "La Voz", eran periódicos irmáns dentro da mesma empresa editora". Nicolás María de Urgoiti, deseñounos de forma estratéxica e complementaria coa estratexia de dominar o mercado da prensa en Madrid.
El Sol (Matutino de elite): Fundado en 1917, era o diario intelectual da mañá. De tendencia liberal, ía dirixido á burguesía culta, profesionais e académicos. Con especial atención á política, a cultura e a economía.
La Voz (Vespertino de masas): Fundado en 1920, cubría o espazo da tarde. Era un periódico dinámico, barato, lixeiro e de vocación popular. Vendíase por as rúas, o seu éxito debíase ás noticias de última hora, os sucesos e as crónicas taurinas.

NOTAS:
1. Hemeroteca digital Biblioteca Nacional de España (NE).
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES