Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

500 noites

Xiz, Xulio - lunes, 02 de noviembre de 2026
O dato das 500 noites lembroumo o pasado San Froilán o magnìfico Carlos García-Boente Carro, á fronte de "La penúltima sabinera", que foi degranando os éxitos de Joaquín Sabina diante do entusiasmo dos presentes, deixando para o remate os dous temas para min máis sobranceiros: o das badaladas nunha noite de amor e o do período do esquecemento, estimado en dezanove días e cincocentas noites.

Esa cifra foi a espoleta. Naquel momento, en vivo e en directo, botei a conta, e resultou que as cincocentas noites cumpríanse o dezaseis de outubro; xa hai uns días.

É raro que eu pida para min, pero adoito pedir ás institución onde chego para asociacións ás que pertenzo, que teñen necesidades para vivir ou para medrar, e para cubrir esas necesidades recoñezo ser un pedichón.

Pensando en ir facer campaña en Madrid a prol da declaración de interese turístico nacional para unha das miñas fillas asociativas, pedín audiencia coa responsable provincial correspondente o 3 de xuño de 2025, agardando ser recibido desde entonces.

Teño o aval e compañía do concello, da autonomía, e fáltame o da provincia. Pero nin siquiera puiden pedir nada, porque levo agardando (diria Sabina: dezanove días e cincocentas noites) un tempo prudencial, pero agora ao superar esta cifra máxica quizás teña que perder toda esperanza como Dante describe que indica a inscrición da porta do Inferno.

Terei logo que ir a Madrid co aval do Concello, da Xunta... o cal está moi ben. Pero se me preguntan pola provincia non saberei que dicir. E tampouco é cousa de poñerme a cantar por Sabina, porque nin estou capacitado nin iban entender o que lles estaba cantando/contando.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES