Monterroso Devesa, o camiño de Tacuarembó.
Suárez Suárez, Manuel - martes, 03 de noviembre de 2026
Gallaeeia
Quantum magis se devovet
Tantum in melius floret
O meu prezado amigo Xosé Monterroso Devesa leva máis de 50 anos de ininterrompida actividade na defensa da nosa identidade propia, sexa como activista cultural na súa cidade de nacemento (A Coruña) ou como investigador na moi ampla historia da emigración galega. É a persoa que máis coñecementos ten sobre a emigración galega ao norte da República Oriental do Uruguai, en concreto, estou a falar da cidade de Tacuarembó que é a capital do departamento homónimo. As voltas da vida fixeron que o bisneto do moi famoso médico Ramón Juega Charlín (Laxe, 1845-1905, A Coruña) volvera, da man da súa nai (María Teresa Devesa Juega) ao afastado lugar onde exercera o seu devanceiro no último tercio do século XIX.
Monterroso Devesa viaxará ao meu querido Uruguai o vindeiro mes de novembro e participará na 18ª Jornada de Geohistoria de Tacuarembó cunha comunicación titulada: Raíces tacuaremboenses en el Montevideo colonial. E xa que teño o texto que me achegou Monterroso Devesa, aproveito para reproducir uns breves apuntamentos. Na introdución da ponencia fala da importancia da ciencia xeneolóxica: No sólo es necesario investigar, con lo necesario que es, los orígenes del asentamiento geográfico que constituye el actual Tacuarembó. También sus raíces humanas, las de cualquier población -en la acepción humana del término, son del mayor interés y pueden proporcionar las pautas de lo que la propia ciudad es. De ahí la importania de la ciencia genealógica, no como frívola proveedora de vanidades personales o familiares, con un sentido aristocratizante, sino como singular fuente de información sociológica sobre el pasado histórico de una comunidad. No seu estudo vai informando sobre varios dos apelidos e sobre un deles, Estévez/Esteves, escribe que "En el mismo Montevideo convivieron Estévez galaicos a saber: Miguel Estévez, compostelano, autor de la Capilla de la Caridad del Hospital Maciel; José María Estévez, coruñés, padre del Francisco infortunado promotor del Palacio Estévez, la antigua y longeva residencia presidencial".
Pois xa que estamos a falar da emigrantes no Uruguai quero recomendar a lectura de Coruñeses a Montevideo (c.1772 - c.1852) Apuntamentos case xenealóxicos, unha colaboración de Monterroso para o órgano oficial do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses. No remate do texto que titula Anexo Feminista rescata a memoria de catro coruñesas que "sen saíren do habitual e limitado ámbito doméstico e sen transmitiren o seu apelido, deron curso a descendencia digna de lembranza". Unha delas foi Rita Jordán que casou en Montevideo (1786) co galego Manuel Rosende que era de Sales (Concello de Vedra) e foron os pais da mestra, poeta e xornalista Petrona Rosende (1787-1863) quen casou co revolucionario José Agustín de la Sierra. Escribe Monterroso que "exiliados en Buenos Aires, editou alí a revista La Aljaba (1830-1831), tribuna do seu pioneiro pensamento feminista, sendo considerada a primeira xornalista arxentina e como poeta, se ben de lira menor, a primeira do seu sexo en publicar poesía, merecendo ser chamada "La Safo Oriental".
Hai un libro do meu amigo (Nuestras primitivas familias. Matrimonios (1838-1861) en el antiguo departamento de Tacuarembó) publicado en Montevideo (Ediciones de la Banda Oriental, 2001) que é o resultado da investigación no arquivo parroquial de San Fructuoso (Tacuarembó) pois aínda non se creara o Rexistro Cívico Nacional que é de 1879. A obra vai dedicada a memoria de Juana Isabel López Jáuregui (a bisavoa); María Inés Juega López (a avoa) e a Ramón P. González que era o seu padriño. No emotivo limiar da publicación, expresa que "para nosotros, tacuaremboenses trasterrados, constituyó un orgullo a la par que un placer peregrinar por las sangres fundadoras de una ciudad como Tacuarembó, encrucijada de caminos en la América profunda, que, frente al mayor internacionalismo sureño, todavía custodia en sus fogones la lumbre de la Patria Vieja y cimarrona, la Patria Gaucha del Padre Artigas y, peregrinar para ofrecer desde el otro lado del mar, a nuestros paisanos el fruto de esa peregrinación, una versión sui generis de la historia local y del viejo departamento estructurada a través de unas familias que la hicieron o contribuyeron a hacerla en sus horas germinales". Teño a certeza de que a participación de Monterroso Devesa será moi aplaudida xa que inclúe ademais dunha rigorosa investigación a necesaria dose de emoción dun orgulloso descendente dunha familia que deixou pegada solidaria en ambas beiras do Atlántico.

Suárez Suárez, Manuel
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora