Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Good Evening Paul McCartney

jueves, 14 de enero de 2010
Good Evening Paul McCartney Namentres nestes confíns preparábanse i ensaiábanse as liturxas para abrir un ano novo Santo Compostelano, este que lles escribe, fixo a ruta inversa, a de San Brandán, e sen navigatios, nen mollarse: colleu a andaina cara sitios climatoloxicamente máis frios, pero animicamente máis preparados para a quentura. Entre estas cirimonias colectivas i endividuais que nos arrastran sabemos que rematar ben un ano significa comenzar ben que se nos pon diante. E velaí, facendo das luminarias do Nadal e das folerpas invernais ilusións, adentrámos nesta segunda década do terceiro milenio. E fixémolo saldando unha vella débeda, asistindo en directo (logo multiplicado polo diferido YouTube) a un concerto do que queda dos Beatles, de Paul MacCartney. Foi nesa cidade irmán, breogánica, céltica, labirintica, tan literaria, que é Dubín, encadrelada en filigranas de pasado e presente, feita para andala pousadamente e aprender, nun xeito de espiral ou odisea na que simular contemporaneamente ó "Ulises" de James Joyce. O mesmo nome de Dublín trae entre neboas de ría negra ecoares de arpa e a voz de walkiria de Enya. Capital do Trinity College, do Temple Bar, dos tesouros prehistóricos e célticos, da música folk, da cervexa Guinness, da conversa, nación tanto do dandy Oscar Wilde, como do bandalleiro Francis Bacon, o pintor de "A Terrible Beauty", aquel do taller como un vertedoiro de lixo onde atopaba inspiración entre papeis enrrugados para retratar a carniceria humana da que formamos parte.

Tinxido de celtismo mantemos que os Beatles, como Dylan teñen moito de célticos en fondo e forma, ao menos de atlánticos e así revindicámolos. Somos fillos dos camiños do océano, de cidades portuarias que emproan a un océano de negocios . Enténdase o noso partidismo: os Beatles marcaron nosa mocidade, a súa música furaba fronteiras, trincheiras, telóns de aceiro, túneles e longas noites de pedra e aínda o seguen facendo para chegar daquela a unha mocidade ansiosa de virar os rumbos e hoxe cos máis rodados. E así, sen querelo, somos engulidos no bandullo da globalidade, por moitos rituais da beatlemanía: mercamos discos, dvds, bibliografía, fixémonos incluso con aguns fetiches, visitamos Liverpool e nela a Mathew street, Penny Lane, Strawberry fields, pateamos London: de Servile estreet a Beker estreet ou a Abbey Road; en New York tivemos o previlexio de entrar - grazas ás influencias da pontevedresa Rosaura López, a servinta de Lennon e Yoko - no mesmísimo e maléfico Dakota. Sabeo ben o amigo doutor, Chema Rios, coruñés, primeirísmo beatlomano e o mellor coleccionista de historias semellantes. Senón compróbese internáuticamente. Peregrinacións feitas sempre coa curiosidade de poñer o pe e coñecer escenarios inspiradores de músicas que serviron de fondo á película de nosa vida . Pequechas e xustificables teimas, as que comprobamos coinciden coas de moitos millóns de seres de moi diversas xeracións e procedencias.

A perspectiva histórica permítenos agora ollar ós Beatles de xeito panorámico, achegarse e separarse dun tempo vivido . Para concluir que un dos nomes que máis vende é o desta banda de rock. E aínda segue e remasterizase, dixitalizase en xogos de videos... nada máis espallarse internauticamente os eventos, as entradas para os concertos de Paul MacCartney acabáronse en dúas horas e as reventas acadarán prezos inasequibles para os do común. Mais por esta vez estivemos atentos, decidímonos e foi posible cumprir o ritual dun especial "Magical Mistery Tour": collemos as oportunidades aeroportuarias de Ryanair Santiago-Stansted-Belfast, onde fixemos parada, fonda , turismo e ida e volta pola irlanda dividida nun lixeiro "Interprise" para poñernos en Dublín e no concerto do 20 de decembro. E nesas andainas mundanas sempre nos lembramos no demo que deu ós politicos galegos ó comprobar que queren reproducir na Galiza o mesmo "cul de sac" que os couta .

Agradecemos reafirmar que os Beatles non foron, nen serán, un fenómeno efémero, que máis de medio século despois non somentes están vivos, reinterpretados en calquera lugar do mundo, senón que seguen rexenerando esa interacción música, arte, moda,novas tecnoloxias, compromiso global. Si denantes aquel cuarteto das ribeiras do Mersey animou nosa mocidade, agora MacCartney, algo do que queda, segue anovando as vivencias acumuladas. Cecais para entender que a vellez non é unha cuestión de anos, senón de desgaste, de desánimo. Hai moitos mozos vellos prematuros insensibles ao seu tempo. Contra eso enerxía, ilusión, experimentación, seguir ate o fin... Os concertos, seguidos un tras outro, cos que Paul MacCartney pechou o ano 2009 cubriron, coa neve do momento, ilusións en moitos puntos de América i Europa. Exemplo de enerxía, personalidade, espontaneidade, tradición anovada, creatividade baixo o epígrafe dun "Good Evening...." como unha chamada a espertar no serán-noite de cada unha das cidades visitadas. Xeira que rememoraba as primeiras andanzas mundiais dos Beatles, fai 49 anos, as que agora comenzaron polo Vello Continente o pasado 2 de decembro e por esa cidade portuaria, tan familar para iles, Hambugo, onde no 1960 debutaran no popular e cutre "Indra Club".... Ó día seguinte Paul actuou en Berlín, o 9 en Arhem, o 10 en París, o 16 e 17 en Colonia, o 20 no Dublín e o 22 de decembro en London. Concertos ben experimentados, ante as multitudes, actuacións que anovaban ás que meses antes tivera por EE. UU, replicas das que os 17 e 18 de xullo o Beatle animara ás multitudes do Shea Stadium de Manhattam, previa toda unha xeira de xestos ós que estivo atenta a beatlemania, como un novo concerto sobre a marquesina do newyorkino teatro de Ed Sullivam, onde no 1963 o cuarteto de Liverpool presentóuse na TV americana. "Remember", as lembranzas postas no memorable concerto que un 15 de Agosto do 1965 deran os Beatles naquel grande estadio. Os videos de Youtube poden dar boa fe delo.

Ó abrir o "O2 Arena" de Dublín -dúas horas antes do concerto- tomamos a andaina cara ó evento, seguindo ó formigueiro de xente, paseo que sigue o rio Liffey abaixo, entre luces e ambente navideño propio deses irlandeses que souberon transportar e negociar con festas populares ás américas e ó mundo. Frio e ilusión entre evarias xeracións de idades. Tomamos sitio, númerado, cómodo. Media hora antes de comenzar o concerto nas pantallas laterais acompañadas musicalmente de versións de Paul MacCartney por grandes artistas, proxectábase toda unha secuencia histórica fotográfica dos Beatles, de Paul e do seu tempo andado, colage sepia e de cor, abotonado por diferentes modelos de botóns. Como botón unha mostra, abrochando o noso tempo e preparando para o que axiña viña. Un minutos antes e a intérvalos duns tres minutos foron tomando sitio os músicos: Paul "Wix" Wickens (teclados), Rusty Anderson, Brian Ray ás guitarra e o fortachón negro e calvo Abe Laboporiel Jr. á batería, co que Paul demostrou unha maior sintonía e afectividade. Sobre o moderno multiusos abríronse camiños de luz azul que se centraban no escenario e xirando iluminaban a sala e prendian máis ilusión... Namentres o público apresurábase a tomar asento - políticos, artistas, financieiros diante de nós - despois de facerse cuns books de Guinness, e acabar con canto merchandising se ofrecía sobre o evento. As lúces fóronse apagando, tamén a tira biográfica que se proxectaba esvaiuse na penumbra. Os ollos deste mortal galaico non daban feito. Oscuridade total, berros... e o foco de luz platina dos astros xiraba de izquerda a direita para nimbar ó Beatle activo e marcar o seu camiño cara ó centro do escenario. De pes a cabeza vestido de Beatle: botíns negros, como de ante, pechados e de tacón (horteras para a rúa, apropiados para o escenario), traxe negro de seda brilante, chaqueta mao, abotonada ate deixar ver unha garabata negra, estreita, de nó aparentemente descoidadado sobre a camisa branca, clásica.... "Good Evening Dublinnnnnnnnnnnn"..Saudou con esa voz que ate entón escoitarmos mediatizada, enlatada en vinilos i electrónicas, a voz de sempre, aguda, de neno de coro de catedral que foi, con un certo toque céltico de retranqueo polo nariz e zanfoña, ao Dylan Thomas.... Oficiando, erguendo ó ceo os brazos, saudando coa súa vella, gastada e mítica guitarra en forma de violín, a mesmísima de sempre. Guedella abundante, tinxida de acastañado, pequena calva no remuiño... corpo de figurín: case setenta anos de vexetariano i ecoloxista integral, complementado coa vella mímica tomada do cine mudo, centrada nos ollos, a elegancia á espera do ritmo do pop-rock. Breves acordes... máis berros, sintonia i estoupar de músicas, luces de todas as cores máis vellas e novas sensacións dende a súa man zurda. E velaí - que non podía ser doutro xeito, para esta persoal a ocasión dublinesa, e sin que eu o pedira, pese a desealo - o concerto comenzou teñíndose todo o escenario e a sala de ondulantes laberintos psicodélicos, con todas as luces do arco da vella en irmandade ó ritmo do"Magical Mistery Tour". A vida non deixa de ser eso. Seguiu todo un repertorio Beatle, máis vellos e novos éxitos de Paul, a chaqueta fora, remangado agora, con tirantes negros e a garabata solta. E sempre de fondo un extaordinario montaxe multimedia coa estética máis vangardista en todas as súas dimensións, afiando os sentidos pra quen os leve postos: paisaxes urbanas, industriais, gruas, andamios en branco e negro, graffitis, paisaxes románticas sepias que tomaban luz, cor e vida e bolboretas segundo os ritmos.... Homenaxes a Linda, "forever" , á "Band on the Run".... o "Something" en honra de George Harrinson agarimando un ukelele que lle regalara o amigo.... de fondo a proxección de antigas fotos dos dous colegas...e finalmente unha reverencia agradecida e sentida cara ó ceo... Implicita estaba a lembranza de John Lennon, interpretando, coreado por todos, "Day in the Life" seguido de "Give Peace a Chance". Entre case coarenta cancións, unha tras outra: Drive My Car, Jet, Highway, Blackbird, Here Today, Dance Tonight, And I Love Her, Eleanor Rigby, Mrs Vanderbilt , Wonderful Christmas Time, Ob-La-Di Ob-La-Da,. Back in the USSR, Paperback Writer, Let it Be, Hey Jude... E logo o solicitado e aclamado propineo: Draytripper , Lady Madonna, Get Back... e máis propineo, con entradas, saídas, saudos,berros...Yesterday, o intrepidante e misterioso Helter Skelter, que nos quitou a todos do seu sitio, seguido do Sgt pepper's Lonely Hearts Club Band ...puf... E o momento central do concerto, con Paul ó piano, esa interpretación de "Live and let die" seguida dun chorreo de foguetes a golpe dos seus xestos e da batería... que incendiou en labaradas de ledicia todos os pontos cardinais.

Botamos de menos ós outros tres Beatles, os berros rompedores de John, os acordes de Harrison, incluso a Ringo, e rimonos daquel pasado que as dictaduras repremiron, pondo tamén en valor a experiencia, a cualidade, as innovacións tecnolóxicas, multimedia do presente, para provocar os sentidos, sementar ledicia e solidariedade e transcender ó futuro.

A beatlemania non revive, sempre estivo viva, é unha relixión. Profesionalidade, pasión,entrega, sentimento, busca, xenialidade total nun concerto multitudinario de tres horas e pico seguidas, sen tregua para os que estaban no escenario, arredor o asombro e os aplausos para un xenio que demostra vencer ó tempo e á vellez, que colaborou a abrirnos camiños os sentidos na mocidade e tamén agora, moito máis tarde: "Good evening.... good morning Sir Paul MacCartney".Neses días tivemos nosa oportunidade, o "kairos" que dirían os filósofos gregos, todo saiu baril que diríamos nós.
López Gómez, Felipe Senén
López Gómez, Felipe Senén


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES