Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Alento (2)

Otero Canto, Xosé - viernes, 30 de octubre de 2026
Alento (2)
Se Homero visitase Lugo pensaría que a illa dos ciclopes estaba no noso Lucus ao ollar a figura do ALENTO de Xoán Vila, o noso gaiteiro e pensaría que é un ciclope de verdade porque a descomunal escultura sopra alentos de identidade cando as súas fazulas están collendo aire, o aire que engaiola e seduce na música imaxinaria que percorre o ruído da feira do San Froilán, a música que nos traspasa porque o gaiteiro é unha identidade. El naceu así coa súa gaita incorporada á súa figura siamesa, por iso sopra e sopra cando os seus labios son prolongación do punteiro que enche de alento ao gaiteiro e a nós ao sentirnos parte deste alento do noso, do sopro que dá vida coma Deus na creación e a nós fainos crear a nosa identidade, fainos sentir o noso como se fose un sopro divino que flúe e alenta a nosa cultura e a nosa música en pegadas colosais que se van estendendo polo aire incerto das festas e retumba nos ocos das casas chamando a todos a algueirada, rexouba e trouleo.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES