Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Compartir máis

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 29 de octubre de 2026
Os seres humanos temos un ego moi potente.
Tan potente que sempre quere máis.
Nunca se dá por satisfeito.
O LADO POSITIVO DESTO CONSISTE EN:
-Desexar ser mellor en bondade.
-Desexar adquirir máis coñecementos.
-Desexar mellorar a solidariedade e a empatía cos outros.
-Desexar superarnos en actos de caridade.
-Desexar ser máis humildes na vida diaria.
-Desexat máís autodominio de nós mesmos.
-Desexar máis paciencia ante os avatares da vida.
-Desexar máis dilixencia á hora de actuar.
-Desexar ter máis fe en nós mesmos e tamén en Deus (os crentes).
-Desexar que nunca nos falte a esperanza...
O LADO NEGATIVO REFÍRESE A:
-Ter máis cartos que os outros.
-Ter máis bens materiais que ninguén.
-Materialismo e consumismo.
-Ser máis que ninguén e cousas así...
Neste caso: estaríamonos poñendo en terreo perigoso.
EDUCACIÓN EN SENTIDO POSITIVO:
Para ben ser, todo debe empezar na infancia e prolongarse ó longo de toda a vida:
Temos toda unha vida para superarnos a nós mesmos.
-SE EDUCAMOS A UNHA CRIATURA ESTIMULÁNDOA PARA SER MÁIS BOA CADA DÍA, IMOS NA DIRECCIÓN CORRECTA.
A cada acto de bondade seguirá unha felicitación e a criatura mellorará a súa autoestima e intentará superarse cada día porque se sentirá satisfeita e ben acollida.
A bondade leva consigo o perdón.
Teremos que ensinarlle tamén a perdoar cando se sinta ofendida.
-SE A FELICITAMOS POLO SEU PROGRESO ACADÉMICO, COLLERALLE GUSTO ÓS ESTUDIOS.
Intentaremos que aplique as súas capacidades, sen comparala coas doutras persoas.
Se fai o que pode, xa merece aprobación e premio.
Se a comparamos, xa lle estamos ensinando a competir e, trátase de que desenrole as súas capacidades.
-SE LLE ENSINAMOS A SER SOLIDARIA E EMPÁTICA:
Saberá comprender os problemas dos outros.
Non os xulgará.
Comprenderaos.
Será caritativa e axudaraos todo o que poida
Axudará a mellorar a sociedade na que lle toque vivir.
A avaricia non reinará no seu corazón.
-SE LLE ENSINAMOS O VALOR DA HUMILDADE:
Será unha persoa sencilla, tratable, afable, non se sentrá superior a ninguén e será unha persoa querida.
-SE LLE ENSINAMOS A IR CONTROLÁNDOSE EN COUSAS PEQUENAS:
Costaralle moito ó principio porque non o comprenderá; pero andando o tempo saberá que é unha ferramenta moi valiosa na convivencia, tales como:
Saber controlar a lingua.
Saber controlar a concupiscencia.
Saber ser unha persoa e non un enerxúmeno.
-SE LE ENSINAMOS O VALOR DA PACIENCIA E A PRUDENCIA:
Esamos educando para ser unha persoa santa.
Pensar que todo ocorre cando lle chega a súa hora.
Que o home propón e Deus dispón.
-SE LLE ENSINAMOS A OPERAR CON DILIXENCIA:
Conseguiremos que saiba que “SI é SI” e “NON é NON”.
Que cando hai que facer unha cousa, hai que facela, aínda que non nos guste demasiado.
Que os gustos persoais non sempre se poden compracer.
Neste caso estamos evitando que se forme un adulto preguiceiro.
-SE LLE ENSINAMOS A DESCUBRIR AS SÚA PROPIA CAPACIDADE.
Crerá nas súas forzas.
Descubrirase a sí mesma.
Collera forzas para superarse e superarase, aínda que lle leve tempo.
E no caso das familias crentes, se lle ensinamos a ter fe en Deus que é a LUZ QUE ILUMINA OS NOSOS PASOS, saberá que coa axuda de Deus, todo é posible.
E se comparte creará riqueza e benestar para todos.
"ESPÉRANOS UN FUTURO MELLOR"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES