Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Gañou Lula. Perdeu o Demo.

Rodríguez Patiño, Luis Ángel - lunes, 26 de octubre de 2026
Non vou suavizalo. Hoxe o Evanxeo gañou nas urnas. E o demo perdeu.

Gañou Lula. Perdeu a ultradereita. Perdeu esa dereita que non sabe perder porque nunca xogou limpo.

SON OS MAIORES TRAMPOSOS DA HISTORIA.

Fálovos como sacerdote que leva anos confesando á xente humilde. Sei o que sofren.

A dereita faino todo con trampa. Todo. Usan medios ilegais, cartos negros, pseudo-medios como CEREMEDO e NEGRE, que non son xornalistas, son sicarios a soldo. Pagan para mentir. Pagan para destruír. Pagan para manexar eleccións. É o seu Evanxeo: o bulo, o odio, a cloaca.

Flávio Bolsonaro pide anular as eleccións no Brasil. ¡Claro! Como fixeron aquí cando perderon. Como farán o 29-N en España, e farano peor. Xa vos aviso. Virán con todo: urnas amañadas, voto por correo fraudulento, xuíces amigos filtrando, bulos de última hora. É o manual satánico de Trump, de Bolsonaro, de aquí.

E dende o Evanxeo dígovolo:
Xesús non morreu para que uns cantos acumulen pisos, iates e leiras mentres o pobo pasa fame. Xesús botou aos mercaderes do templo a paus. Hoxe os mercaderes son eles. Entraron no templo da democracia e puxérono en venda.

¿De que Evanxeo falan eles? Do Evanxeo do odio ao pobre, ao negro, á muller, ao maricón, ao diferente? Ese non é o meu Xesús.

O meu Xesús di:

"Tiven fame e non me destes de comer. Estaba espido e non me vestistes. Era forasteiro e botástesme." Mateo 25, 41-43. Iso vai por vós, fariseos de pulsera.

Lula representa o contrario:

1. O PAN É SAGRADO. Dar de comer non é de esquerdas. É comungar. Hambre Cero é a Eucaristía máis grande que se fixo no Brasil. Eles recortan o pan. Nós multiplicámolo.

2. A TERRA É DE DEUS, NON VOSA. O Amazonas non é voso para queimalo. A Casa Común non se vende en Wall Street. Quen destrúe a creación, excomúlgase só.

3. A ALEGRÍA DOS POBRES É XUIZO DE DEUS. Cando o pobre ri, Deus ri. Cando o pobre chora pola vosa avaricia, Deus escoita e xulga. E xa vos digo eu, como cura: estades sendo xulgados.

Por iso gañou Lula. Porque o pobo farto do odio, votou esperanza. Votou pan. Votou vida.

E que tome nota España o 29-N. Que non nos rouben. Que non nos enganen con Ceremedos e Negres. Que votemos ata rebentar as urnas. Porque estes, se perden, son capaces de queimar o país antes que entregalo ao pobo.

Non teñen honra. Non teñen Evanxeo. Só teñen avaricia e odio.

Hoxe o pobo brasileiro deulle unha labazada ao demo. O 29-N daremos nós outra aquí.

Que Deus nos perdoe, pero que o pobo non perdoe a quen lle rouba a esperanza.

Luis Ángel Rodríguez Patiño, Sacerdote. Do pobo e co pobo. Non da casta.
Rodríguez Patiño, Luis Ángel
Rodríguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES