Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

José Deus. Un xenio aos ombreiros de xigantes

Rubia, Xoan - jueves, 29 de octubre de 2026
Pois chegou o día no que en Mugardos fixo recoñecemento a un fillo da vila que foi referencia nas botaduras de grandes buques dende unha bancada inclinada, e fíxose mediante a presentación dun libro escrito pola xornalista Mercedes Puyol baixo o título José Deus. José Deus. Un xenio aos ombreiros de xigantes Un genio a hombos de gigantes: Un mugardés que revolucionó la botadura de grandes petroleros. A presentación estivo auspiciada pola Asociación Cultural Apelón Educación, sempre atenta ao que atinxe á intrahistoria da vila de Mugardos, coa colaboración do Concello.

Un bo día paseabamos Mercedes e mais eu pola fachada marítima da vila e atopámonos con don José Deus, do que lle tiña falado á miña amiga. Home afable e conversador que, unha vez feitas as presentacións, partillamos conversa a feito. Chamoulle tanto a atención a Mercedes que axiña se interesou de inmediato polo personaxe, e aí empezou a historia porque xa se sabe como rematan as cousas cando espertan o interese dunha xornalista de pro. E a partires dese día don José Deus pasou a converterse no centro da diana onde Mercedes Puyol desexaba atinar co seu dardo. Dende ese intre comezou un traballo intenso de pescuda polos sitios onde don José foi deixando as súas pegadas: os seus lugares de estudo ata acadar o doutoramento en enxeñería, o seu paso pola Armada, a admiración polo que el consideraba o seu mestre e o seu "xefe" don José María González Llanos, fundador do estaleiro de "Astano" onde don José Deus acadou os seus mais grandes logros ata chegar a ser un referente mundial nas botaduras de grandes buques dende unha bancada inclinada. Á botadura do "Arteaga" de 325.000 Tm viñeron técnicos xaponeses cos seus "tomavistas" para filmar como se partía o barco no seu contacto coa auga. Quedaron coas ganas.

Todo isto quedou exposto neste libro que se presentou o venres dia 16 na sala de plenos do Concello de Mugardos. Mercedes Puyol só tivo ocasión de entrevistarse unha vez con don Xosé Deus no verán de 2022 co gallo de acadar datos para este libro e non puido facerlo no verán seguinte porque o 22 de xuño faleceu don Xosé. A partires de aí houbo atrancos burocráticos e administrativos que demoraron a publicación do libro e que, felizmente se foron superando. Penso que é de xustiza recoñecer publicamente a aquelas persoas que deixaron importantes peagadas e don Xosé Deus foi deses veciños sobranceiros. Parabéns a Mercedes polo seu traballo e á asociación cultural "Apelón Educación" polo seu interese na divulgación e posta en escena desta obra.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES