Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - miércoles, 28 de octubre de 2026
Apuntar ben, acertar mal

Localicei o obxectivo. Apuntei. Disparei. Fallei. Nunca fun bo apuntando. Digo mal: apuntar, apunto sempre ben. Onde poño o ollo non poño a bala porque, nalgún momento, quizais a medio traxecto, se desvía. A causa de tal desvío puido ser o meu pulso ou un sopro de aire.
Digo que sempre fun malo disparando. Digo mal outra vez: disparar, disparo como se nada; Pingas de Orballo simplemente aperto o gatillo e xa está. Tamén pode ser que a bala ou o balote se desvíen nese mesmo instante, pola presión sobre o gatillo, que fai que a pistola, o fusil, o CETME, a escopeta, a arma, se mova un chisco. Entón, o desvío produciríase xa na saída, e non a medio camiño, como dicía antes.
Para rematar de explicar o asunto da localización do obxectivo, teño que seguir dicindo que sempre fun malo atinando, acertando. Agora si, agora ese é o verdadeiro problema: fallo sempre.
Son tan malo acertando, tan malo atinando, que teño anécdotas a darlle cun sacho. Tamén digo mal (ai, por Deus, non dou unha no cravo, non acerto unha!), pois atinar, atino sempre; o que pasa é que, as veces que acerto, non é onde puxera o ollo.
Unha vez, polo san Martiño, antes do magosto de Baños de Molgas, estábamos xogando ó fútbol nas pistas de tenis. Apuntei coa perna ó balón e atineille á columna de granito da cerca que arrodea a cancha e sostén o aramado, para que non escapen os balóns nin as pelotas. Naquel momento non sentín nada e mesmo seguín xogando. Foi no propio magosto cando pensei que o pé me rebentaba a bota, de tanto como se me inchara.
O espazo non me dá para contar outras anécdotas. Que sigan, logo, no sacho.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES