Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Parabéns, Martiño!!! Parabéns, Concello de Cerdido!!!

Xiz, Xulio - martes, 27 de octubre de 2026
Parabéns, Martiño, pola distinción que che concede o teu concello!!!. A estas alturas da vida (Somos da mesma quinta, como se dicía outrora), despois de licenciarte en Teoloxía e Filosofía, e doutorarte en Filoloxía; despois dunha vida dedicada a exclamar "Señor, aquí me tés!", falando do idioma, de cultura, de fe e de vida, chegas á gloria humana de ser profeta na túa terra.

Lembro ben o encontro contigo na Romaxe de Crentes Galegos do 2019 (non sei se cheguei a verbalizalo, pero pensei: Pero... eres o Martiño Moreno Santalla, de verdade?)... Para min eras (eres) un referente, un símbolo, un exemplo, e atoparte en carne e oso foi impactante. Grazas, de novo, por certo, por aquela túa información sobre Carballo Calero.

Parabéns, Concello de Cerdido, por distinguir a Martiño (primum inter pares) como Fillo Predilecto entre os fillos do Concello. Toda a honra que lle dades, merecédela por iso vós, e recibídela por parte dos que estimamos a Martiño.

Remato, subliñando, Martiño, que un home coma ti pode ter vivido ducias de vidas intensas, dominado coñecementos e linguas, impartido maxistrais leccións, e figurado nos escalafóns máis relevantes... Pero que o teu concello te declare Fillo Predilecto, é o recoñecemento máis claro e absoluto de que os teus coñecementos, as túas devocións, o teu exemplo e a túa vida valeu a pena, e este título- Suma e segue brillante- é a mellor proba.

Que soe en Cerdido, desde Lugo, o meu aplauso para ti e o teu concello. Apertas, amigo!!!
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES