Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - martes, 27 de octubre de 2026
Filosofía barata para fuxitivos

Penso fuxir coa alegoría da reencarnación cinguida ó meu peito. A Australia, a Groenlandia, a Canadá, ó infinito e máis alá. Se cadra quedo na Terra Brava ou en San Bieito da Cova do Lobo. O lugar é o de menos. O caso é fuxir, escapar, desaparecer.
Escapar só. Ou con alguén, cun can, cun gato, cun sapoconcho, cun ganso, pero, iso si, con Leonard Cohen amansando os meus oídos. Tamén me conformo con Sabina, Pingas de Orballo con Tom Waits ou con Lou Reed. Mesmo con Elvis Presley. O caso é, tamén, cruzar o Niágara en bicicleta. E quen veña detrás... que pedalee.
Hai que fuxir. Porque fuxir, ás veces, é bonito e liberador. Non aturas penas nin escoitas berros; non soportas rabaños de ovellas seguindo un carneiro. Cada quen que sitúe o carneiro no seu contexto.
Quero fuxir con eses soños que van e veñen polas corredoiras de certas filosofías baratas. Hai xente que lle busca á vida unha filosofía de seu, sen saber que esta, ás veces, non dá explicado moi ben a realidade do mundo nin a do ser humano en xeral. A mellor filosofía é a barata: aquela na que non hai nada, nin sequera un pensamento.
Porque os pensamentos tamén foxen comigo, xunguidos ó vento ferido, ó berro seco, ó verso solto, á flor do toxo, ás ás das bolboretas. Agora, que cada quen simule, que finxa un sentimento para espallalo polo caderno da reencarnación, entre liñas ficticias ou realidades escritas baixo a luz da lúa vella ou baixo o corusco dun candil.
Vémonos cando a fuga chegue ó seu destino. Ou ó seu final.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES