Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Con meus avós,ou, da terra ao Ceo (9)

Gómez Vilabella, Xosé M. - jueves, 29 de octubre de 2026
Despois destes comentarios, engadía: Se Alfonso quería un harén, que fose el mesmo a Con meus avós,ou, da terra ao Ceo (9) África, para traelas, pero así, non, que era menos perigoso saír disfrazado, na noite, do seu Palacio de Oriente, para irse a durmir, ¡a non durmir!, coas pendangas da Calle Mayor!

Nin que dicir ten que o neno, ante aqueles descubrimentos, no só envaraba as orellas senón que se lle saían os ollos, pasmado de que o trouxesen a un mundo, a un país de tanta estulticia, e xa no XX, dous séculos despois do "das Luces"!

Do Rei embaixo o avó coñecía, ou tiña referencias, de medio Madrid, xenerais incluídos, comezando polo Primo, ¡polo primo de seus primos!, do que dicía que, para ser un africanista, non era dos peores, que incluso se comentaba a súa opinión de que sobraba a quen protexer aquí arriba, en España, sen abaixarse a ese Magreb dos veciños.

Tamén falaron, ¡coñecíanos a todos, polo menos de referencias!, así que non se esqueceron do xeneral Rodil, paisano noso, natural de Trobo, na Fonsagrada, José Ramón Rodil e Gaioso-Campillo, ou Campiño, do que contaba e non paraban que aló nas Américas, en Ayacucho e por aí, como non tiña tropas suficientes para controlar aos independentistas, acordándose do que facían na súa Fonsagrada, no país dos trobos, cos seus cortizos, para que os osos respectasen as abellas, aquelas albarizas, ou abellarizas..., ¿que se lle ocorreu? ¡Non tivo que inventar nada, que de todo herdamos as bases: ideou os..., os Campos de Concentración! Iso lle atribúen os ianquis, pois o neno, inocente de min, relata refero! Deste xeito, Rodil chegou á fama, a pesares das súas derrotas, que incluso o fixeron Vizconde de Trobo, ¡un vizconde, nun Trobo!, e, por se fose pouco, Virrey de Navarra! A min serviume para que, cada vez que asomei ao río de igual nome, ao Rodil, ¡paisaxe aberto, único, saturado de alvarizas!, evocase aqueles comentarios dos avós. ¡Todo serve para algo, incluso os nomes!

De quen aínda non se falaba, que por aqueles anos estaba facendo carreira, era do xeneral Escobar, outro paisano, da nosa bisbarra, pero dese falarei eu, xa que en tan alta estima o teño: Coronel da Garda Civil, en Barcelona, cando estoupou a dereita extremista coas calores de Xullo do 36. Coas raíces no Albaredo, Córneas da Valeira, aínda que nado en Ceuta, onde estivo destinado seu pai, un de tantos heroes daquela estúpida guerra de Cuba; estúpida dirixida por estúpidos, que deixaron entrar no porto da Habana aos traidores do Maine; con unha filla monxa, Adoratriz, un fillo falanxista, ¿de convición, de obcecación, ou por covardía?, dous irmáns, tamén coroneis, da Garda Civil... Católico onde os haxa, e conservador tamén, así que non vacilou en conservar a súa lealdade a unha República por plebiscito aprobada, ou consolidada. Don Hermenegildo, ¡e iso que se tiña por Franco!, non tivo a franqueza de recoñecer a verdade de cantos o seu indulto lle solicitaron, así que o mandou sobre dos luceiros, ¡ese si!, o 8 de febreiro, de 1940, no castelo de Montjuic, ¡no monte dos xudeus!, con un crucifixo na man, ordenando el mesmo, ao pelotón de castigo, con un heroico, Carguen, apunten, disparen...!

Para o de Pousadela, no civil, categoría era, tíñaa, aquel Silvestre de Rois; ¡herdeiro, non, gañador, cos seus feitos, co seu comportamento, do café Varela, de seus tíos, en plena calle Preciados! Falaban, e non paraban, do feito de que, morto seu tío, e a viúva do Varela de Rois emperrada nunha venda precipitada por non atreverse a rexer un ¿ateneo? de tanta "enjundia", -que así se expresaba a avoíña, -os habituais, os "tertulianos", ¡cominaron! ao camareiro, ao sobriño, que lle comprase, a casa completa, á súa tía: -"¿Eu? ¡Meu pobre, de onde, que son un simple sobriño, un simple camareiro, recén vido da aldea...". Aqueles homes de prol, aqueles madrileños excepcionais, fixeron unha coleta, unha subscrición, entre eles, para doarlle ao Silvestre, ao completo, gratis pro Deo, o prezo posto por súa tía, coa única e exclusiva condición de que ían ter reservadas, de por vida, as mesas compartidas naquel excelso Café Varela. ¿Quedarán madrileños desa categoría? ¡Eu pasei catro anos en Madrid, pero debía ser tan miope, xa daquela, que maldito un deses vin; non os vin, ou non os coñecín!

Polo que respecta ao padriño, este sempre comezaba aludindo a seu cuñado, establecendo comparanzas cos incomparables Salmerón, e particular seu cuñado, avogado, farmacéutico e periodista, fillo do eximio Salmerón y Alonso, tan intelixentes e tan xenerosos, ambos, que non dubidaron en elevar á súa altura, con institutrices e Con meus avós,ou, da terra ao Ceo (9) canto fixese falta, á guapísima, á intelixente, Ramona Hortensia Lombardero San Miguel, de Catatrigo nada menos, e por tanto, fariña de primeira. Bo trigo, pero con prole desventurada pois os seus fillos, dous, morréronlles, xa de nenos. A nosa desgraza onde tamén estivo foi naqueles torquemadas do franquismo, que nos queimaron a herdanza, ao completo! A material, quero dicir, pois a outra era, foi, resultou, incombustible.

A través da tía Ramona, que fora protectora, fada madriña deles, de todos eles, meus avós tiñan referencias, amplas, de: Julián Besteiro Fernández, de Franqueán; Manuel Cordero Pérez, de Riomol; o enxeñeiro de Fomento, Cándido Fernández (de Montouto); José Lombardero, que foi Deputado polo amplísimo distrito da Fonsagrada e tamén director do diario El Noroeste, (parente dos Lombardero de Librán); Lamela, do Café Pombo; Manuel Lence Fernández, tamén de Castroverde, inicialmente mozo recadeiro, que chegou a comprarlles "Viena Capellanes" aos Baroja, Ricardo e Pío...; ¡medio Galicia incorporada a Madrid, sen desprezar á xente humilde, que tiveron en miña tía o INEM de daquela!
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES