Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Con meus avós, ou, da terra ao Ceo (6)

Gómez Vilabella, Xosé M. - lunes, 26 de octubre de 2026
1935, ademais de ser o meu ano de espertar á vida, á vida comunicativa, foi o das festas, e coido que tamén para todo Galicia, ¡ou para toda España!, relaxados da Revolución do 34, e co 36 a medio cocer; a pota do 36 estaba ao lume, pero aínda non fervía.

Na miña bisbarra, coa miña xente:
O Carnaval celebrárase con aquel teatro de San Cibrao, bandeira e música, pero algo de frío facía, que ben me lembro da prima Asunción, ¡a máis guapa da rodeada!, tamén do San Bernabé, igual que o autor - director, aquel inesquecible Rico Trabada, atizándolle ao lume na cociña do escenario. ¡Teatro en Montecubeiro, nunha parroquia rural, era máis, moito máis, que unha ópera no Teatro Real de Madrid!

A Pascua celebrárase nun souto das Pontes de Veiga, con meu pai de letrista. Os papeis da mesma transcribinos no meu, Sentenzas, Fías e Ruadas, onde os podedes ler, se vos gusta a Intrahistoria. Grazas a min, modestia á parte, pero tamén a este milagre do Internet. A Pascua, aquela moneca pirotécnica, coas tripas de pólvora, obsequio daqueles fogueteiros de Xerbolés, irmáns Otero, tan lixeira de cascos, que iso testemuñaron as testemuñas, ¡quen lles fai caso ás testemuñas dun crime!, rea de infidelidades demoníacas, ¡uih se vivise hoxe, ata lle darían premio en lugar de castigo!, chegou detida, levada nun carriño tirado por dúas cabras, e conducido polo inefable Pedro da Laxe, fillo daquel Capitán da Guerra de África, un heroe, que así fora condecorado, cabaleiro cuberto diante do Rei, Manuel Pérez Valiño.

¿Por qué, por qué a achegaron ao Tribunal detida, presa, nun carro de cabras? ¡Imaxinación, meus señores, imaxinación, que daquela xa existía, tanta ou máis que hoxe en día, que nada nos fai graza, saturados de xolda: a cabra, a Fulana, ía…, no seu carro, no axeitado, no das colegas, no das cabras! ¿E os cabróns, pois, sen cabróns non hai cabras? ¡Eses, fóra, libres, no campo da festa, gozando da impunidade do seu machismo…, que xa o había daquela, pero non era denunciable, que aínda non se inventara esa Lei da Violencia de Xénero!

Executada a "Sentenza" da Pascua, Blanca Flor de nome, e aplaudidos os "Predicadores", unha parella quevedesca, irónica, máis de directas que de indirectas pois daquela aínda se podía dicir o que se pensaba sen ter que pensar no que se dicía, ou podía dicirse, rematou a festa cantando o himno de Riego, que por aquí o teño, aínda que non o volvín a oír, e iso que cambiamos de século. Esta é a letra orixinal, dun tal Evaristo San Miguel Valledor, que a tiña apuntada meu pai; o que nunca lle preguntei é se aquel autor, o San Miguel, era parente de miña avoa, da paterna, con ese apelido por parte de nai:

Himno de Riego, con letra de Evaristo San Miguel Valledor:
Soldados, la patria nos llama a la lid, juremos por ella vencer o morir. Serenos, alegres, valientes, osados, cantemos, soldados, el himno a la lid. De nuestros acentos que el orbe se admire y en nosotros mire los hijos del Cid. Soldados, la patria (etc.) Blandamos el hierro que el tímido esclavo del fuerte, del bravo, la faz no osa ver; sus huestes cual humo veréis disipadas, y a nuestras espadas fugaces correr. Soldados, la patria (etc.) ¿El mundo vio nunca más noble osadía? ¿Lució nunca un día más grande en valor que aquel que inflamados nos vimos del fuego que excitara en Riego de Patria el amor? Soldados, la patria (etc.) Su voz fue seguida, su voz fue escuchada, tuvimos en nada, soldados, morir; y osados quisimos romper la cadena que de afrenta llena del bravo el vivir. Soldados, la patria (etc.) La rompimos, amigos, que el vil que la lleva insano se atreva su frente mostrar. Nosotros ya libres, en hombres tornados, sabremos, soldados, su audacia humillar. Soldados, la patria (etc.) Al arma ya tocan, las armas tan solo el crimen, el dolo sabrán abatir. Que tiemblen, que tiemblen, que tiemble el malvado al ver del soldado la lanza esgrimir. Soldados, la patria (etc.) La trompa guerrera sus ecos da al viento horror al sediento; ya ruge el cañón, y a Marte sañudo la audacia provoca, y el genio invoca de nuestra nación. Soldados, la patria (etc.) Se muestran, volemos, volemos, soldados: ¿los veis aterrados su frente bajar? Volemos, que el libre por siempre ha sabido del siervo vendido la audacia humillar. Soldados, la patria (etc.)
(Non sei se hai erros, pero así é como a teño copiada).
O 11 de xuño, ofrecido ao San Bernabé; máis exactamente, miña nai, en agradecemento polo ben que lle saíra o parto de meu irmán. Ese Santo foi un bo rapaz, e merecía aqueles cultos: Vendeu as propiedades para colaborar con Saulo de Tarso, Pablo, maiormente con este, e despois foi con el a Antioquía, onde tan ben o fixeron que foi alí, precisamente alí, onde comezaron a chamarlles cristiáns aos seguidores de Cristo. Os meus puideron ir a Suegos, que lles caía máis cerca, pero na Xesteira tiñamos parentes. O Con meus avós, ou, da terra ao Ceo (6) neno estivo da man da prima Asunción, aló arriba, na tribuna, mentres miña nai lle daba a volta á capela…, ¡de xeonllos! E non só persoas, que tamén ían, levaban, ofrecidos, animais; animais que se subhastaban para culto e clero. A distancia era enorme, atravesando o monte da Panda, pero a min leváronme na dianteira dunha sela de montar, que me lembro diso.
¡Aquilo era fe, afellas que si! Despois da procesión, os da Ribeira de Piquín destapaban as cestas das cereixas, as primeiras do ano, e veña regateo! Abaixo da capela, a fonte do Santo, que despois de beber, recollían a auga en botellas, para compartila coa parentela que non fora á festa.
Miña nai fixo a rogativa, con moitas outras, como dixen, de xeonllos, pero eu cansei de gatear, de xogar ao can e ao gato con meus primos, con dous fillos da Carme Portela, aqueles Portela que chamaban "do frade", pero eran sobriños, só sobriños, dun frade!
Se tivese que marcar cunha pedra branca, albo lapillo notare diem, algunha festividade do meu quinquenio inicial, aquela festa do San Bernabé, na Xesteira, ben sinalada quedaría. Mercadas as cereixas, e rematada a poxa das ofrendas, co gaiteiro ausente e o baile apagado, dirixímonos, ¡dirixíronme!, á casa do tío Pedro e da tía Amalia, pero alí tamén tiven unha impresión fortísima, esta desagradable: a prima Neves, engurradiña e atendéndolles aos potes; tiña non sei qué padecementos, que non tardaron en levala ao Ceo. Seica era boísima, seguro que si, que por algo a subiu Deus tan á présa.
Arriba, no sobrado, na habitación da escaleira, grandísima, tanto que nela había catro mesiñas, postas en cruz latina e cubertas con senllas sabas de liño, bordadas a primor, que manteis lles chamaron. Tempo adiante lin aquilo das "vodas de Camacho", e entendino perfectamente rememorando a festa de meu tío, Pedro de nome, e de apelido popular, "Pedro das Mocas", que llo puxeran afectuosamente polo divertido que era, case tanto coma seu irmán, meu padriño, pero ganáballe na xesticulación; se en vez de nacer no XIX agardase para o XX, seguro que o incorporaban ao programa "Los clones", de Intereconomía! ¿De sobremesa? ¡Cereixas!
Retornamos polo monte da Panda xa entre lusco e fusco, co espectáculo dunha posta de sol grandiosa, que tinguía de roxo os verdes da Terra Cha, aló abaixo, á nosa dereita. Desde que se fixo de noite, tivemos outro sol, aquelas benditas eguas que nos souberon traer a destino sen vacilación, aprendendo o neno, de paso, que non hai besta torpe niso de retornar ao presebe; máis torpe foi aquel fillo pródigo, que non se decidía a volver á casa de seu pai!
¡San Bernabé bendito, cando chegue ao Ceo, agora de velliño, invitarasme a comer cereixas daquelas que levaban ao teu santuario desde a Ribeira de Piquín? ¡Agradecereicho, afellas que si, aínda que teña que agradecerchas ofrecido a darche unha volta, de xeonllos!
Con meus avós, ou, da terra ao Ceo (6) O Santiago na miña bisbarra está saturado de festas, pero non fomos a ningunha, que ata debeu ser por tela na casa, acotío, coa presenza dos madrileños. Porén si fomos, ¡de merenda!, ao santuario das Neves, 5 de Agosto, en Suegos. ¿Das Neves, con un sol esturruxante? Meus tíos, Alfonso e Ermitas, foran a Lugo, de véspera, no seu Ford, de novo polas corredoiras, e tamén lles subiu a Bergland, no carro das vacas, aquel Pedro de Veiga, as compras que trouxeron para enche-las cestas da merenda; o que non souben, non llelo oín dicir, é se foi, ou non, con outra propina de prata.
A festa seguinte, en Luaces, con tantas cousas que mellor será non contalas para non cansarvos coa lectura; o que non podo deixar no tinteiro foi aquel espectáculo de meu pai, súa irmá, e algún máis, dándolle á muiñeira, alí no adro. ¡Que película, se houbese cámaras! Cando os felicitaron, lémbrome que dixo miña tía: Temos a quen imitar pois noso primo Manolito, Manuel Lombardero, é o director coreográfico, alí en Madrid, do teatro Martín! A ese parente non cheguei a coñecelo, pero si llo presentaron a miña nai, anos despois, cando dirixiu 'Cinco minutos nada menos', unha obra grandiosa, unha revista musical, das que fixeron época.
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES