Hoxe
Yllade Ramil, Gemma - viernes, 23 de octubre de 2026
Hoxe teño o corpo quente cheo de historias ao carón desta fogueira infinita
hoxe estou rodeada pola miña xente bonita
non quero morrer hoxe e se tivera que facelo non o faría
eu quedo aquí ainda
na dozura das súas mans bicando panzas baleiras
E éncheseme o peito e non a panciña
ao percatarme que son as miñas bagoas escorrendo polas miñas meixelas cativas
se hoxe non estou viva que alguén me diga
da maxia que hai no mundo agochada no ollar dos corpos en movemento
Se escoitei as melodías contentas na terra hostil
Se a miña memoria se lembra do que sentín a ultima vez que o vin...
non quero morrer hoxe e se tivera que facelo non o faría.
Quedaríame aquí aínda.
Yllade Ramil, Gemma
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora