Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - viernes, 23 de octubre de 2026
Poesías Quilométricas

Aínda que era un verso libre, Inocencio Suárez Lapetra era un poeta coma os clásicos, deses que escribían poemas longos, eternos. Inocencio Suárez nunca escribía poemas de menos de mil versos. Mesmo cunha das súas poesía bateu o récord mundial: medio millón de versos. Nin el mesmo sabe xa canto tempo lle levou escribila.
Pingas de Orballo Escribía moito sobre temas románticos, cun fondo de melancolía. Pero tamén tiña poemas de protesta, sociais, pornográficos e mesmo deportivos. Os pornográficos, ó ser tan longos, tiñan o seu perigo. Un perigo mental e non tan mental. E quen queira entender, que entenda.
O curioso é que se afeccionou á poesía moi tarde, cando xa era máis que adulto. Xeralmente, comezaba os seus poemas nos bares, mentres tomaba un café e, dada a súa extensión, tiña que rematalos pola noites. Por certo, aquelas horas eran as que máis lle favorecían a inspiración.
Antes de dedicarse á poesía, Inocencio Suárez Lapetra escribía frases. Si, tal como o digo: só frases. Simples frases. Curtas, longas, retorcidas, filosóficas, nostálxicas, con certa química... Anotábaas no que tivese a man: nunha folla de xornal, na marxe dunha páxina do libro que estivese lendo, nun pano de papel dos bares e mesmo, en tempos pasados, nunha folla de papel de fumar.
Agora escribe poesías quilométricas todos os días. Non falla un só. Para iso ten que roubarlle horas ó sono, ás tarefas domésticas e, o que é peor, algunhas noites, renunciar a ver a súa película nocturna.
Pero o máis sorprendente da súa afección é que, cando remata unha poesía, rompe, tritura, esgaza ou racha a anterior.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES