Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A España negra

Maceira, Francisco - miércoles, 21 de octubre de 2026
Acabo de ver «La bola negra». É difícil mergullarse na súa poesía. Entrar na mente dun activista armado con libros, reproducións de cadros do Prado e dunha Barraca. É algo impensable hoxe en día.

Vivimos nunha época estraña.

Hai xente que anhela os tempos da ditadura, malia non ter vivido nunca baixo unha. Volven a relixións nas que cren atopar un sentido para as súas vidas. Rexeitan a ciencia e, no seu lugar, abrazan conspiranoicos que agroman coma cogomelos en faladoiros, platós de televisión, postos de poder e mesmo dentro dos gobernos.

A empatía esvaeceuse.

As vindeiras eleccións porán de manifesto as dúas Españas.

A que sae do cinema dicindo que é unha película de maricóns. E a que a ve como poesía. Amarga, pero poesía.

Ante esta España escura que renace, a única opción é votar polo mesmo que tería votado Federico.
Maceira, Francisco
Maceira, Francisco


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES