Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - jueves, 22 de octubre de 2026
Morder ou comer as uñas?

Como me aburría, ou máis ben como non sabía en que matar o tempo, ía de camiño mordendo unha uña. Unha que, para máis aquel, teño escarallada desde rapaz por culpa dun guindastre daqueles ós que aínda había que dar manivela.
Pingas de Orballo Entre a roda dentada grande e a pequena metín o índice da man esquerda para comprobar se conseguía frealas. Inocente, carallo, que es un inocente! E, para máis aquel, aínda levei unha labazada da nai por parvo. Máis ben por querer cortar a hemorraxia envolvendo o dedo no xersei que puxera, lóxico, perdido de sangue.
Morder: apertar con forza algo entre os dentes, ferir cos dentes.
Comer: introducir na boca un alimento sólido e tragalo. Repito: tragalo.
Fago estas dúas aclaracións porque todo o mundo adoita dicir: "Non comas as uñas". Non creo que ninguén coma as uñas, é dicir, que as trague. Os que somos adictos a elas, mordémolas, pero non as tragamos.
Eu recoñezo que son un adicto a... mordelas. E amólame bastante que me digan que como as uñas. Mórdoas ata a coroación, ás veces mesmo ata facelas sangrar, pero acabo cuspíndoas, que non as trago.
Por nervios, por carraxe, por aburrimento... Son unha máquina mordendo nelas. Si, moi de tarde en tarde, fago o intento de deixalas medrar. Pero o intento é efémero, curto, dura pouco: primeiro empezo a refregar unhas coas outras, a furgar nelas e, cando xa consigo abrirlles camiño, alá van, adeus, moi boas! Xa vai unha detrás da outra.
Vendo o fútbol é cando máis as ataco, quizais porque, aínda que mire, teño que estar facendo algo. Ou non. Se cadra, só é vicio.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES