Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todos a unha

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 22 de octubre de 2026
É ben certo que a unión fai a forza.
-Cando a familia actúa unida, dise que endexamais será vencida.
-Cando os membros dunha comunidade actúan unidos, son capaces de grandes logros.
-Cando os veciños están unidos, reina a paz e o progreso.
-Cando nunha clase o alumnado ten ganas de aprender, os resultados son fabulosos.
-Cando nun país hai unión, os gobernantes poden gobernar con facilidade.
PERO SOMOS TAN DIFERENTES...
-Nunha familia hai persoas de difrentes xeracións, diferentes gustos, diferentes criterios, diferentes maneiras de ser...
-Nunha comunidade as diferenzas aumentan conforme aumenta o número de membros.
-O vecindario tampoco ten sempre os mesmos intereses.
-Nunha clase unha parte do alumnado ten claro o que quere, outra parte non lle gusta estudiar, outra vai porque a obrigan.
-En nun país hai persoas para tódolos gustos, tódalas cores políticas, relixiosas e tamén as hai ateas.
¿QUÉ FACER ANTE A DIVERSIDADE?
Non queda outro remedio máis que aceptala e asumir as estratexias que se consideren máis axeitadas en cada momento.
-O amor entre os membros da familia permite que esta actúe de modo máis ou menos homoxéneo.
Por eso nas comunidades pequenas todos sabemos cales son os rasgos máis significativos.
Cada comunidade tamén ten os seus rasgos peculiares.
Incluso cada pobo ten un cheiro característico según sexa agrícola, gandeiro, mineiro ou industrial.
As clases tamén son todas diferenes, nunha reina máis empatía que noutras, unhas son máis estrabuladas, outras máis pacíficas...
E dentro dun mesmo país pode haber razas diferentes linguas diferentes, culturas diferentes, relixións diferentes...
Difícil se pon o labor dos gobernantes.
A INDIVIDUALIDADE REINANTE
Todos sabemos o que pasa coa indivudualidade reinante neste momento da nosa historia:
-Temos uns horarios laborais que nos limitan.
-Estamos totalmente cronometrados.
-Andamos a cen por hora.
-Temos as horas do día completas de tarefas.
-Xa non temos tempo para dedicar ós outros.
-¿Seremos escravos do tempo?.
Levamos unha vida así de estresante porque queremos ter suficientes medios para gozar de benestar, sobre todo económico.
A codicia escravízanos.
ASÍ NOS VAI:
Non temos tempo para dedicar á vida de familia e os seus membros están cada vez menos unidos:
-As criaturiñas medran en mans alleas: asistentas, colexios, actividades diversas...
Tempo para disfrutar en familia: pouco
-Os adultos tampoco dedican todo o tempo necesario para regar o amor, para planificar en conxunto, para crear fogar.
-Os anciáns xa sobran en moitas ocasións.
Moitos son os membros da familia padecen esa enfermidade chamada SOIDADE.
Non teñen tempo para comunicarse na intimidade.
A familia xa non é o que era.
E se a familia falla, falla a comunidade, falla o vecindario, falla o país...
Fallamos todos.
QUEIXAS POR TODAS PARTES
Sabemos polos medios de comunicación que cada día hai máis
persoas descontentas por diferentes motivos que se manifestan enchendo rúas e prazas.
¿CANDO NOS MANIFESTAREMOS POR SER MÁIS UNIDOS NA VIDA DE CADA DÍA?
Se amañáramos os problemas domésticos, posiblemente sería máis doado amañar os colectivos.
Quizais faríamos algo se tomáramos conciencia de que SOMOS NÓS MESMOS OS AXENTES DO CAMBIO QUE QUEREMOS.
Cada persoa en concreto debería preguntase que tería que facer para estar máis unida ás outras.
Eso que os cristiáns chamamos: "amor ó próximo", empezando polos da casa.
Actuando UNIDOS POLO BEN COMÚN, seríamos capaces de construír ese mundo máis habitable que todos desexamos.
"COMPARTIR MÁIS"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES