Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os esperpentos da actualidade

martes, 12 de enero de 2010
A semana pasada a 2 de TVE ofreceunos unha emisión que facía moitos anos non ollaba. Quedei moi sorprendido xa que fai unha década que deixei de ver TV en tódalas súas vertentes e programas, non sendo de cando en vez algunha que outra película que pagara a pena.

A emisión tratábase da triloxía de esperpentos Martes de Carnaval de Valle-Inclán (La hija del capitán, Las galas del difunto e Los cuernos de D. Friolera).
Foi para moitos televidentes algo moi especial e sorprendente o ver na TV as obras de D. Ramón, polo motivo a que nos teñen acostumados os espazos televisivos da sub-cultura coas estrelas da cotilla, manipulacións e desinformacións lubricando a próstata mental ata límites insospeitados.

Toda a audiencia que viu a triloxía temos que agradecer á TV pública esta iniciativa xa que nada podemos agardar de ningunha outra TV. Foi un toque de atención a eses outros esperpentos actuais. Esperpentos da nosa “cultura” española cómo: Belén Esteban, e moitos máis que por falla de espazo nesta opinión enchería toda a cuartilla.

Coido que os esperpentos de Martes de Carnaval en versión televisiva foi un traballo excepcional por parte do guionista Rafael Azcona (finado en 2008) e do director José Luís García Sánchez, cuns extraordinarios intérpretes: Juan Luís Galiardo, Juan Diego, Adriana Ozores, Paco Tous e Pilar Bardem.

Don Ramón del Valle-Inclán nesta triloxía móstranos a seres grotescos, de pacotilla, de pura máscara e presentan o retrato degradante da sociedade española, arremete contra os tópicos máis penetrados na vida do pobo español. Valle-Inclán móstranos a máscara ríxida dunhas convencións e duns principios falsos, a dimensión grotesca da existencia humana.

É de mágoa que todos eses seres grotescos e de pacotilla daqueles esperpentos teatrais de D. Ramón, hoxe despois de 85 anos, os estamos contemplando na máis crúa realidade nas Televisións e outros medios cos programas lixo, achegándonos a ese retrato degradante da sociedade española.

Na última obra da triloxía que emitiu a 2 TVE, “Los cuernos de Don Friolera”, ao final di Don Estrafalario: “España es solo la deformación grotesca de la civilización española”. Esas palabras escritas por Don Ramón, teñen hoxe moito máis actualidade que cando as escribiu, o digo polo panorama televisivo actual que nos están a ofrecer de “cultura”, manipulación prostática mental e de contrabando de palabras.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES