Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Someterse a avaliación

Santalla, Iago - miércoles, 21 de octubre de 2026
É unha acción tan difícil como valente e tan incómoda como necesaria. Someterse a avaliación supón un aval de honestidade e un compromiso constante de mellora. Este acto de valentía quizais precise ser respondido con xenerosidade de xeito que a transparencia sexa un valor central.

O único xeito de avaliar a quen nos goberna é votar pero para iso temos que saber a quen votamos e que territorio vai representar. Neste sentido coido que as persoas propostas para representar unha determinada provincia (no Congreso ou no Senado) deberían demostrar previamente un coñecemento exhaustivo da mesma así como unha proposta de accións de mellora a levar a cabo. Tendo que demostrar, ao fin da lexislatura e no seu territorio, o que foi capaz de facer e o que non.

Nesta avaliación habería que diferenciar os escanos do goberno e os da oposición porque os primeiros teñen o poder de facelo posible e os segundos só teñen unha obriga de proposta.

Sei que non vai ser pero a min gustaríame que nas Cortes se falara máis das distintas necesidades das realidades que compoñen España. Para isto todos deberíamos ter en conta a natureza provincial dos escanos e a súa obriga de mirar polo territorio que lles dá razón de ser.

Nesta avaliación tamén habería que ver se "as voces da provincia" nos escoitan porque temos o dereito de elevar peticións a través delas.

En fin, aínda que todo isto está na Constitución de 1978, debo rematar este artigo con verbas de José Agustín Goytisolo:
Todas estas cosas
había una vez,
cuando yo soñaba
un mundo al revés.

Haberá que darlle unha volta ao mundo?
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES