Martinho, o paxaro do sorriso certo
Timiraos, Ricardo - martes, 20 de octubre de 2026
Á Martinho Montero Santalha, vello compañeiro e amigo, nise homenaxe de agarimo
dos seus veciños do seu querido Cerdido. Sempre paz, ben e forzas
para leva-las obrigas da vida coa eterna xenerosidade da que sempre deches exemplo.
Benquerido Martinho:
A vida é coma un can que da voltas ó palleiro, e vivindo e vendo cousas novas, sempre regresa ó seu orixe.
¿Quen me ía dicir a min, depois de cincoenta e oito anos que nos coñocimos no Seminario de Lourenzá, logo Mondoñedo, que hoxe estaría intentando agarimarte coas miñas verbas? A tí, e esa túa Dona, que descoñozo, pero que me basta con coñocerte a tí para sabela a túa digna raiña. Sei que anda enferma, mais non hai mellor amor que o que vos toca vivir. Sempre os mellores desexos e apertas garimosos para ambo-los dous.
Direille os teus queridos veciños, coa venia de quenes correspondan, que daquela ambo-los dous éramos nenos que fumos ó Seminario para facer certas as túas palabras: "Vamos porque todos achamos abrigo no cálido alpendre do máis doce Amigo". Ise doce Amigo nos acompañe a todos sempre.
Entre os sesenta ou setenta alumnos que éramos por curso, un, daquela de natural tímido e curioso, estrullaba-los ollos para coñocer ós compañeiros e direi que nunca poiden esquecer aquel teu sorriso certo, por natural, sincero, limpo, xeneroso que florecía e ata espallaban teus ollos. Diréicho, Martinho, e darán fe quenes te coñozan, eran cualidades que te adornaban naqueles tempos e que revivín, repito, cincoenta e oito anos despois, cando me costou recoñocerte e me viñeches abrazar na Catedral Mindoniense (2015 Homenaxe ó Seminario de Mondoñedo) A vida ten flases que non se esquecen nunca.
E tamén ten tantos vieros coma persoas. Así que, mentras tí marchaches a Salamanca a estudar- xa entón eras exemplar- eu volvín ó meu querido Viveiro e perdímonos a pista. Mais hai unha cousa que non esquecimos: intentar ser útiles a sociedade.
E mentras tí te adicaches á Igrexa durante un tempo, para logo seres home de basta cultura, e ata te convertirches nunha figura senlleira das Letras galegas, a máis dun reputado teólogo, lingüista, catedrático e outros "meritisimus cum laudem" (Presidente da Academia Galega da Língua Portuguesa ), eu, ¡pobriño de mín!, son só un emigrante en Madrid xubilado do ensino.
Mais sempre houbo un nexo que nos uneu: non sei se aquel Seminario, ou se o amor polo galego. Mentras me supoño que ti bebías das fontes de Carballo Calero, eu fun alumno de Alonso Montero e iso, querido Martinho, como os óleos, imprime carácter.
Pola miña banda, sen coñocimentos de galego, fixen os cursos despois en Madrid, andiven dando tumbos creendo que escribía poesía. Xa ves, arrepentinme. pero aínda non mo perdoei. Ousadía non me faltou, coñocementos, sí.
Pero estabamos a falar de tí. Grazas ó compañeiro, o incombustible Félix Villares, que tánta e xenerosa labor leva feito ó carón do Seminario, lin, por exemplo: "Trouxe consigo un ar puro, unha frescura, unha graça, que faz como un mundo novo desta minha vella alma". Coñozo pouco, agás o Belén de Begonte, a túa obra poética.
Tamén ti, Martinho, coa túa xenerosidade de sempre, trouxeches á miña alma a ledicia de saber que había cousas miñas publicadas cando me falaches dun libro: " Os ríos baixan cheos de Deus" onde recollían uns versos meus. Non tiña idea. A mais iso non cómpre agora.
Porque o que eu quero é que quen lea este texto saiba o porqué che chamo Paxaro do sorriso certo. Aí vai: Xa de neno, con isa ledicia que seique viveches toda a vida, levabas no bico un cantar, sempre te adicaches, desde esa sinceridade que te caracteriza, a loitar pola nosa Fala. E pasar unha vida adicada a isa pasión, tan necesaria e incomprendida, é para poñela en valor, como dín agora. O que se mama, non se esuece. Así que sei que fuches Irmandiño en Roma, que a túa vida non foi doada, e sei que que tamén sufriches e sufres moita incomprensión. A cultura abreu sempre as xanelas da mente e a intolerancia, sempre é o froito da ignorancia e a barbarie. ¡Cánto lles axudaría ler!.
Porque o teu piar é un canto de agarimo á Terra e a súa xente; porque a túa coherencia é a forza dise ar de libertade coa que te expresas; porque desde o teu traballo levas sementado moitas verbas de autencidade; porque doache ós rapaces ás para voar e seren eles mesmos; porque soupeches enseñarlles a cantar á "Vila grándola Morena", que non só abrangue Portugal, porque a fraternidade é unha caracteristica universal dos bós e xenenrosos.
Grazas, Martinho, polo teu vivir, por ser un digno Home, Fillo predilecto de Cerrdido, virtude dos teus veciños que souperon ve-la túa grandeza humana; por ser exemplo de xeneracións de mozos nista Galiza que sei que tanto te quer, e que tan ben exemplifica Bernardo Penabade, quen se puxo en contacto co noso patriarca mindoniense, o ortegano Ramón Barro. Ambolos dous, Berrnardo e Ramón, son os responsables das miñas verbas. Gratitude pola miña banda para eles e así poder espallar o sincero cariño e amistade que sentín hacia ti sempre.
Apertas variados e de buxo, como di outro loitador, o meu amigo Mero. Para tí e a túa familia.

Timiraos, Ricardo