O regalo é a lenta tarefa de todo amor
Miguélez, Xosé Antón - domingo, 18 de octubre de 2026
DOMINGO 29 A.- Is 45,1.4-6.- Sal 95 (96).- 1Te 1-5b.- Mt 22,15-21
+ Así fala o Señor acerca do seu unxido Ciro a quen el colleu da man dereita (...) Chameite polo teu nome; creeite aínda que non me coñecías (Is 45,1.4b)
+Tributade ao Señor honor e forza, tódolos pobos (Sal 95(96),7)
+Continuamente nos lembramos diante de Deus, noso Pai, da actividade da vosa fe, do esforzo da vosa caridade, e da firmeza da vosa esperanza ( 1Te 1,3)
+Dádelle ao César o que é do César e a Deus o que é de Deus (Mt 22,21)
O REGALO E A LENTA TAREFA DE TODO AMOR E ESPECIALMENTE DO AMOR POLÍTICO
1.Amor de pais,
amor de fillos,
amor de amigos.
2.Amor de dous,
emparellados
polo erotismo.
3.Amor de irmáns,
de familiares,
e de veciños.
4. Amor aos nosos,
amor aos outros,
e amor aos bichos.
5. Amor ditoso
que é coidador,
amor benigno.
6.Amor que olla,
con gran respecto,
os máis cativos.
7.Amor á vida
e á liberdade,
¡longo camiño!
8.Amor de Deus,
que no seu Cristo
é gratuíto.
9. Amor total,
que inclúe mesmo
os inimigos.
10.¡Cantos matices,
e cantas cores,
cantos cariños!
11. E en todos late,
asoma en todos,
o amor divino.
12.En todos eles
ao gozo invita
e ao compromiso.
13. Andando nel,
con alegría,
pero humildiños.
14.A que o loitemos
sendo conscientes
dos mil perigos.
15.¡Canta atracción
e posesión,
só desde o instinto!
16.¡Canta promesa,
canta palabra
con pouco rixo!
17.¡Cantos abusos, canta impaciencia
canto machismo!
18.¡Canta cobiza,
cantas envexas,
canto egoísmo...!
19.¿Que amor viviu
e practicou
Xesús o Fillo?
20. Amor de Pai,
reparador
e compasivo.
21. Amor de Nai
educador
e combativo.
22. Amor concreto,
y transgresor,
amor purísimo.
23. ¿Amou a patria
que padecía
duro dominio?
24.Amou rebelde,
e amou paciente,
con sacrificio.
25.Amou activo,
sen exclusión,
nin sectarismos.
26.Foi fillo fiel
da tradición,
e do Deus vivo.
27.Deixou semente
de comuñón
desde os perdidos.
28.Grazas Xesús,
luz e regalo
xenerosísimo.
¡Apertas de domingo!

Miguélez, Xosé Antón
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora