Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Autopsia no cemiterio de Veán na Pastoriza en 1961

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 22 de octubre de 2026
Contar a historia. Unha das curiosas anécdotas do doutor Piedra foi a que lle aconteceu en Veán da Pastoriza en 1961.
Tivo que desprazarse a esa localidade para realizar unha autopsia a un rapaz que se suicidou pegándose un tiro de escopeta.
Autopsia no cemiterio de Veán na Pastoriza en 1961 Para realizar a autopsia, pediu unha mesa para colocar o cadáver a unha altura razoable, polo que as testemuñas da autopsia foron a unha casa a pedila e así foi como os donos da casa lles prestaron a propia mesa onde eles adoitaban comer e alí se colocou o cadáver sen mantel, nin saba, nin nada, sobre da propia madeira da mesa.
Aquel día, acompañaba ao doutor o seu fillo Antonio que tivo a fortaleza de retratar a escena a unha lóxica distancia para que a reportaxe gráfica non levara aires macabros, pero unha vez rematada a autopsia, todos foron convidados a xantar na mesma casa que emprestou a mesa e que por certo todos se sentaron ao redor dela, pero tampouco lle puxeron mantel nin nada por arriba e incluso nin sequera a lavaron. Compre destacar que a pesar do exquisito xamón que lles ofreceron así como bos chourizos e outras viandas, nin don Miguel nin o seu fillo Antonio puideron gorentar bocado.
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES