Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eclosión

Yllade Ramil, Gemma - martes, 20 de octubre de 2026
Deslízome entre os teus dedos como quen escorrega polas pedras erosionadas dun río

párasme o paso e nun instante descúbrome enganchada

as arbores fan o mesmo ruído que o meu latexar e sinto nos meus adentros unha gargallada que non saíu das miñas entrañas

o papel manchado guinda palabras máxicas e desexo descubrir o feitizo para botalas a voar como avións de papel

cando saio á rúa as paixóns do resto, apalabradas sobre un caderno, tiran sobre mín un lóstrego xigantesco

aproveito para inhalar o cheiro do recordo do noso pasado coma se non fose algo común

túmbome sobre o campo para imaxinarme que os debuxos das nubes son de verdade e entón soa unha melodía asombrosa

estás aquí, preparando avións de papel para min, rexurdindo dos meus textos mais secretos

entre as paixóns do resto

nas gargalladas que non saen polo molesto que é o descontento

a miña dita eclosiona

xa non teño que estrañarche máis
Yllade Ramil, Gemma
Yllade Ramil, Gemma


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES