Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Con meus avós, ou, da terra ao Ceo (1)

Gómez Vilabella, Xosé M. - lunes, 19 de octubre de 2026
Con meus avós, ou, da terra ao Ceo (1)
Lembranzas dunha infancia rural


Comezando por meu padriño:

¡Moito me ten levado da súa man! ¿Daquela, era único? ¡Que va, era; simplemente, era! ¿Ou cómo pensades que son os avós, todos, absolutamente todos, a feito, con respecto aos seus netos? Temos cinco anxos da garda, ¡cinco! Catro Abaixo, e un Arriba.

Paternos e maternos, os catro, asumen unha función sacrosanta, actuando, tamén, como delegados visibles do Invisible.

Lévannos da man, infatigables a pesar dos seus anos. ¿A onde? ¿A onde vai ser, da terra ao Ceo! A súa experiencia xa é, de seu, un andador; o quid está en que nos deixemos conducir, pois teño a certeza de que eles, todos, absolutamente todos, saben facelo; outra cousa será o noso aproveitamento, a nosa aprendizaxe!

¿Que lembro dos meus? ¡Un paradoxo: Que canto máis vello me fago, canto máis lonxe vou deles no tempo, máis cerca os vexo, máis próximos os teño! A tal momento estoume lembrando de mil cousas, de mil anécdotas, pero a predominante coido que é este episodio, con meu avó paterno, tamén padriño, no Zarro Novo, no cemiterio ¿civil? de Montecubeiro.

Por el comezarei este relato:

¡Pobriños! ¿Que culpa teñen, tiveron, eles, os alí enterrados, de que non fosen bautizados? ¿É que non son, non eran, fillos de Deus, criaturas de Deus, coma os demais?

Con meus avós, ou, da terra ao Ceo (1) A Samaritana non estaba bautizada, nin era dos del, da clase dos seus amigos, dos seus seguidores, e non por iso a desprezou Xesús. Aquilo de soterrar no Zarro
Novo aos abortiños, aos que morrían antes do bautizo, e tamén aos suicidas..., ¿cabe peor Inquisición? ¡Iso era, iso foi, con aquelas doutrinas do sabio Torquemada, que tanto honor lle fixo ao seu apelido, queimar aos desacreditados!

Imos ver:
¿Por qué soterraban no monte ás criaturas abortadas e non á/aos criminais que as abortaran indixestándose de follas da ruda, acaso para poderse vender por virxes?

¿Por qué aos nados de mal parto, xerados pero non criados, se lles privaba do Ceo, ¡cousa que nin Deus facía!, encima de que a natureza lles impedira saír á luz normalmente?

¿Por qué a ignorancia daqueles pais que non sabían que a auga de socorro, aplicada con intención de bautizar tamén é eficaz, tiña que ser penada nas inocentes criaturas, máis inocentes aínda que seus propios pais?

¿Por que os suicidas, enfermos mentais, sempre, todos, sen excepción, pois do contrario non o farían, nin no peor dos transos, e como tais, irresponsables dos seus actos, tiñan que segui-la sorte dos cans, soterrados lonxe dos que se tiñan por sensatos?

¡Ai, Deus, que che usurpamos a función sacrosanta de xulgar..., sendo reos, reos de alta traizón! Polos inocentes do Zarro Novo, prégoche, Señor; prégoche que non lles deixes vingarse coa Lei do Talión, pois, de facelo, de serlles posible, as tumbas dos inquisidores non caberían nese monte do Zarro!

-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES