Tres horas con Eugenio D'Ors
Rivero, Manuel - lunes, 19 de octubre de 2026
A entrevista que lle fixo Lino Novás a Eugenio D'Ors (1), no seu domicilio madrileño da rúa Jorge Juan do barrio de Salamanca, o día 18 de decembro do ano 1931, ademais de extensa, cordial, agradable, sosegada, respectuosa, foi unha clase maxistral impartida por un sabio a un aprendiz seguro, atento, disciplinado, humilde e con moitas ganas de saber.
Lino levaba as directrices ben aprendidas das maneiras de entrevistar: crear unha atmosfera cálida e agradable, saber preguntar, escoitar e observar de forma activa, estar pendente da linguaxe corporal, deixar que os silencios falen, e converter ao entrevistado no actor principal. Aí é onde estivo o segredo do que ía ser unha entrevista de menos de unha hora, foran máis de tres.
Lino, era coñecedor da gran amizade e o respecto mutuo que se tiñan Eugenio Montes e d'Ors, aproveitou a ocasión, e comezou a falar do artigo no diario El Sol, do día anterior "Eugenio d´Ors o el sentido del estilo":
"Montes, Eugenio: "Eugenio d'Ors o el sentido del estilo", en El Sol, Madrid, año XV, n.º 4.479, 17 de diciembre de 1931, pág. 2".
No artigo, Montes destaca a figura do seu mestre e mentor intelectual, analiza a súa influencia no pensamento español e a importancia da forma e o estilo, máis que nunca, naqueles momentos estremecidos e convulsos, de axitación política, social, intelectual, económica e relixiosa, que se estaban vivindo en España. Por desgraza, os indicadores confirmaban que se ía a peor día a día.
Montes, comezou a traballar no diario El Sol no ano 1921, foi unha das figuras máis destacadas: correspondente en diferentes capitais europeas (Berlín, Roma, París, Londres e Lisboa). A miúdo os seus artigos eran crónicas exhaustivas ou "pezas de terceira páxina" que analizaban o espírito da época e a crise da cultura europea.
Son merecentes de estudo as coincidencias entre Eugenio Montes e Lino Novás, en varios aspectos das formas de narrar: metáforas perfectas, reiteracións, frases curtas, puntuacións, focalización nos pequenos detalles, traxedia, loito e dor. Os escenarios son dinámicos, pódense ver, escoitar, sentir e mesmo diferenciar os cheiros dos arrecendos.
A modo de exemplo, copio tres pequenos extractos da crónica enviada desde Viena, "Un país en torno a un ataud. La emoción de Viena en los funerales de Dollfuss. Austria barriacada de Europa, o día 29 de xullo de 1934. Por este artigo, Montes foi galardoado co Premio Mariano de Cavia do ABC en 1934.
"Unas casitas aldeanas con tejas rojas por las que sale, lento y madrugador, el humo rural del desayuno. Hay gavillas en las eras, muchachos que cantan cerca del andén, en el corralillo del guardavías"
"Seis y media de la mañana. Ya corre el tren por la tierra austríaca. Con ojos sucios de carbón, de noche y de sueño"
"Diez de la mañana. Estamos en Viena. Cuelgan largas banderas negras de todos los balcones. Faroles enlutados. Gentes enlutadas. Tranvías enlutados con crespones en el trole y en los alambres. Vuelan por encima de las calles bandas negras de tejado a tejado".
Días antes da entrevista, Lino, comezaba a traballar no Sol, diario de referencia da prensa española, que lle abriu as portas ao espazo nobre da páxina 2, reservado a literatura e ao pensamento das firmas consagradas.
Os dous primeiros artigos de Lino no diario El Sol, foron:
"Novás Calvo, Lino: "El arte de exhibirse", en El Sol, Madrid, año XV, n.º 4.471, 8 de diciembre de 1931, pág. 2".
"Novás Calvo, Lino: "La honda mágica", en El Sol, Madrid, año XV, n.º 4.481, 19 de diciembre de 1931, pág. 2".
Na entrevista, Lino rompe crenzas limitantes e describe de forma maxistral a figura e o estilo de Eugenio d´Ors, vou seleccionar catro metáforas que chamaron a miña atención:
"Allí nos encontramos a d'Ors, en su traje de faena intelectual, nadando en libros y en estampas (...)"
"La palabra de d'Ors cae con el ritmo fuerte y claro de las campanadas de un reloj. Sereno, erguido, con su frente basta como un campo frutado hacia adentro, me mira ahora desde su silla doctoral con una dulzura de apóstol (...)"
"(...) cultivaron en el siglo XIX los jardines de la cultura clásica (...)"
Lino vai cerrando a entrevista recollendo a última reflexión, que da moito que pensar:
"La santidad -concluye d'Ors- en mi caso de pecador, no existe, pero ya sabe usted que no sólo sobre los santos bajó el fuego de Pentecostés. Una chispa de ese fuego, una chispa que, en el caso presente, no es de sacerdocio, pero sí de filosofía, quisiera que me entendiese, como entiende siempre a todo aquel que, en España, en Cuba, en todas partes, se ocupa con toda el alma y pureza profesional de los temas eternos. Si el exclusivismo nacional apaga ese fuego, la civilización habrá acabado.
Ha terminado nuestra entrevista con el filósofo. De este punto, d'Ors se cruza de piernas y me habla en otro tono, en el tono familiar del hombre sencillo que hay debajo de sus glosas, y que muchos -tal vez yo entre ellos, antes de conocerlo personalmente- no quieren ver (...)" (2).
NOTAS:
1. Madrid, diciembre de 1931. Publicado en Orbe. Año 2, número 45 , 22 de enero de 1932, pp. 18-19.
2. España estremecida, pp. 228-236.

Rivero, Manuel