Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galego, o idioma

viernes, 15 de enero de 2010
En tempos difíciles, o idioma perviviu porque houbo unha clase popular formada por homes e mulleres, do mar e da terra, das aldeas e pobos, que o gardou como unha xoia preciada, soubo transmitilo, e nun ambiente difícil de postguerra contaxiar coa súa mensaxe fonda a todos os galegos ata convertilo no idioma da cultura, da sociedade, idioma de honra e representativo de todo un país.

O tempo pasou, e o idioma entrou na administracións, nos medios informativos, nas escolas e (algo) na Igrexa... E sen embargo non respondeu ó que del -de nós- se esperaba, e cando todo estaba a favor do idioma e da súa utilización polos galegos, resulta que a súa utilización merma, que nas aldeas periga, que nos pobos estabilízase, que a mocidade que o aprendeu nas aulas non o ía utilizar na súas actuacións sociais, e a comezos do século XXI volve a falarse de idioma en perigo cando debera ser amo e señor da comunicación en Galicia. E un tema que debía estar solucionado hai moi tempo, superado como problema, segue a enfrontarnos sen ser bandeira total, convertido en bandeira duns blandida contra outros.

Desde fóra das institucións, da docencia, da estructura que entende nos temas legais ou administrativos do idioma, non se entende que haxa problema. E o conflicto suscitado pasa sen pena nin groria. Pode haber unha nova normativa que substitúa outra normativa; pode ser reducido o idioma a obxecto subvencionable, o certo é que o galego está perdendo puntos na escala social á que levou tanto tempo elevalo, e -o que aínda é peor- segue baixando a porcentaxe da súa utilización pola xente nova, que debera ser garantía da súa transmisión futura.

Pode variar a normativa, que o que fala galego porque lle peta (que dixo Celso Emilio) vaino seguir facendo. Que afortunadamente hai cousas no idioma (no corazón) que a normativa (razón) non entende, e as mil primaveras que prognosticou Cunqueiro teñen aínda vixencia e nós -e os que veñan despois de nós- imos velo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES