Tema: Mulleres ricas, traballadoras e artistas
Con Ángel - Director do Museo e Antonio González - Licenciado en Historia.
O Museo das Mariñas está no antigo Convento de Santo Domingo e está dedicado á historia, cultura e etnografía das Mariñas Coruñesas.

A VISITA ESTIVO ORGANIZADA EN DOUS ANDARES:
1. ANDAR DE ABAIXO - MULLERES NA IDADE MEDIA E DEMOGRAFÍA DAS FEIRAS
Aquí vimos o legado das mulleres que deixaron pegada en pedra.
Sancha Rodríguez (Século XIV): primeira esposa de Fernán Pérez de Andrade "O Bo". O seu sepulcro de pedra orixinal consérvase no corredor baixo leste do museo. Foi rescatado da igrexa gótica de San Francisco. Representa o papel das mulleres da alta nobreza baixomedieval galega.
Clara Sánches (Século XV): esposa do comerciante Afonso de Carvallido. Representa á burguesía e ao comercio medieval de Betanzos. O seu sepulcro estivo expulsado da Igrexa de Santa María do Azougue, por apoiar a familia as revoltas irmandiñas, e foi atopado fóra do templo usado como recheo. Mostra como as mulleres non nobres tamén deixaban constancia do seu status económico a través da arte funeraria.
Tamén vimos a parte de demografía das feiras, como a presenza feminina se contaba nos mercados e na vida da vila.
2. ANDAR DE ARRIBA - DOCUMENTOS, ECONOMÍA E VIDA COTIÁ
Nesta planta vimos os documentos orixinais do Arquivo Municipal.
Documentos das mulleres nas actividades económicas dos séculos XVI ao XIX: labregas, peixeiras, panadeiras, lavandeiras, criadas e comerciantes.

Insultos, convivencia e vocabulario: nos documentos aparecen conflitos veciñais, insultos e xuízos que nos permiten escoitar a voz real das mulleres da época e como era a convivencia diaria.
Mulleres caritativas: mulleres que deixaron doazóns, obras pías e axudas aos pobres, fundamentais para a beneficencia local.
3. E POR ÚLTIMO - AS PINTORAS
Un traballo de investigación moi importante do museo, dirixido por Ángel Arcay e a ilustradora Iria Fafián, no proxecto "Mulleres artistas no Museo das Mariñas".
As artistas máis destacadas con obra no museo son:
Sofía Feliú Toledano: pintora extremeña moi vinculada a Betanzos, con importante colección e doazón de 5 obras da súa filla.
Olimpia Tourné, Elvira Santiso, Teófila Sasiaín, Rosina Martínez Barral e María Goday.
E tamén creadoras contemporáneas como *Carmen Seijas, Julia Aguiar, Isa Durá e Elena Otero Chas.
CONCLUSIÓN DA CLASE:
De Sancha Rodríguez no século XIV ás pintoras do século XX, as mulleres foron propietarias, traballadoras, comerciantes, veciñas e artistas. A historia de Betanzos non se entende sen elas.
Luis Ángel Rodríguez Patiño,cura párroco -Tutor de Historia e Coordinador da UNED SENIOR CORUÑA.