As capacidades ocultas
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 15 de octubre de 2026
Todos nacemos cunhas determinadas capacidades.
Son os talentos que Deus nos dá para que poidamos desenrolalos ó longo da nosa existencia.
Son moitas as persoas que teñen a posibilidade de aproveitalos e aplicalos correctamente na súa vida.
Xeralmente coincide con persoas que tiveron a sorte de nacer en familias ben situadas tanto económica como culturalmente.
A súa situación socio-económica permítelles acceder a estudios superiores e poden aplicalos para ben de toda a sociedade.
É moi necesaria e encomiable a súa aportación.
Trátase de persoas con facilidades.
PERSAS CON FACILIDAES
Moitas persoas nacen afortunadas sen decatárense.
Nacen con máis ou menos capacidades; pero cunha situación familiar privilexiada:
Con boa situación económíca.
Con bo nivel cultural.
E tamén con bo nivel social.
Parécelles que a súa situación é normal; pero son moi privilexiadas.
Ogallá que tódalas persoas tiveran tantas facilidades.
Pero ten que haber de todo, porque todos somos necesarios.
PERSOAS CON POUCAS OPORTUNIDADES
Desafortunadamente hai moitas persoas con poucas oportunidades.
Son aquelas persoas que lles tocou nacer en familias economicamente febles, baixo nivel socio-cultural ou en lugares remotos, sen acceso a servizos.
Algunhas non poden desempeñar certos postos debido á súa situación.
Pero son de gran utilidade no tecido social.
Hainas con capacidades moi altas e outras non tanto; pero cada persoas ten as súas propias peculiaridades.
E entre todos: complementámonos, que é o importante.
PERSOAS CON CAPACIDADES OCULTAS
Son moitas as persoas que nos sorprenden porque teñen unhas capacidades extraordinarias á hora de defendérense na vida, aínda que a súa orixe non pode dicirse que sexa aparentemente privilexiada.
A súa familia non puido darlles estudios; pero educounas en valores.
Os valores son a súa fonte de riqueza porque son capaces de:
-Relacionarse correctamente con respecto, e bos madais.
-Convivir pacíficamente dentro e fóra do fogar
-Gañarse a vida en profesións humildes.
-Levar adiante unha familia.
-Facer con esmero o que lles toca.
APORTAN MOITO
De maneia moi silenciosa son os piares dunha sociedade estable que sabe conservar o fundamental: os valores e as tradicións.
-Non saen nos xornais.
-Non saen nas revistas de moda.
-Tamouco saen nos medios de comunicación de masas.
Pero:
-Son exelentes á hora de cociñar.
-Manteñen os fogares brillantes como un espello.
-Cultivan os nosos campos e abastécennos de alimentos.
-Madrugan para que teñamos pan e dóces frescos tódolos días.
-Pasan horas no mar para alimentarnos de peixe.
-Manteñen as fábricas activas.
-Recollen os nosos desperdicios e manteñen limpas as cidades.
TEÑEN CAPACIDADES EXCELENTES
Ningunha sociedade se sostería sen a colaboración dos cidadáns da base social.
Son a base da pirámide que sostén o resto.
Parece que as súas responsabilidades son menores; pero non son menos dignas nin menos importantes.
Merecen o recoñecemento de todos.
SON AS CAPACIDADES OCULTAS
-Son silenciosas.
-Son sufridas.
-Pasan desapercibidas.
-Parecen menos importantes; pero non o son.
-Fan labores que outros non queremos facer.
Pero hai que facelos.
¿Qué pasaría se ninguén os fixera?
-Son moi necesarias.
"TODOS Á UNHA"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas razas por terme na súa s consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora