Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

José Blanco

miércoles, 13 de enero de 2010
Estivo no momento preciso no lugar axeitado, e tomou partido polo candidato gañador. E desde entón non deixou de subir ata chegar a ser titular do Ministerio máis poderoso, por investidor, de todos os ministerios do Goberno de España.

Foi difícil a evolución da súa consideración en Galicia, non só porque ninguén é profeta na súa terra senón -e de xeito especial- porque os galegos temos un especial derrotismo en canto ó noso papel en moi altas empresas.

E aí esta José Blanco, Ministro de Fomento, dispoñendo que se aceleren temas que estaban conxelados nalgún caixón ministerial, polo que parecía inquina da anterior Ministra, pero o resultado está á vida.

E como sempre hai quen presume de coñecer o futuro, ou prever como van discurrir determinados temas, xa hai quen vislumbra un próximo desembarco de José Blanco na política galega, prevendo que toda esta súa acción e os destacados investimentos en Galicia non serían máis que a posta en escea axeitada para que o futuro candidato Blanco conseguise a presidencia da Xunta de Galicia nuns próximos comicios.

É difícil plantearse algo así con fundamento, pero o feito tería varias lecturas posibles. Unha delas, que non é lóxico utilizar os fondos públicos con fins partidistas ou de promoción persoal. Outra, que o caso é que Galicia se beneficie de atención preferente polo feito de que un galego, que coñece ben as nosas carencias, se propoña solucionar algún dos nosos problemas infraestructurais.

E neso estamos, agardando que 2010 nos proporcione avances infraestructurais e sociais. E se algún avance chega porque hai un galego ben situado en Madrid, benvido sexa.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania