Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - miércoles, 14 de octubre de 2026
A lúa ós teus pés

Non é tan fácil coller a lúa e poñela ós teus pés. Nada fácil. E menos aínda coas posibilidades dun simple labrego: non hai cartos, non hai nave espacial; tan só dispoño da intelixencia que se me presupón. Que Pingas de Orballo tampouco é que sexa moita. Pero a suficiente para saber que, para subir ou ir ata alá, precisaba dunha escaleira.
Sen andar con días santos nin torcendo o rego, púxenme a elo. Non sei cantas hectáreas de bidueiros necesitei para tan só para os largueiros da escaleira. O mesmo me aconteceu cos chanzos. Lembro que me puxen a contalos a medida que os cravaba nos largueiros, pero, como me perdín varias veces, acabei por deixalo. Cando volvese coa lúa -para poñela ós teus pés-, se alguén tiña a paciencia suficiente, que os contase.
Con aquelas medidas feitas a ollo, souben cando a escaleira chegaría ata o noso satélite. Para erguer a escada, botei man dunha boa xugada de vacas. Custoulles levantala, pero conseguín que se apoiase na cara oculta da lúa.
Iniciei a subida e non tardei en pasar algo de medo, pois empecei a atoparme con tanta porcallada, con tanto ciscallo espacial, que a miña misión corría perigo. Incluso a Estación Espacial Internacional me pasou a rentes, e un meteorito non me rozou o calcañar esquerdo de milagre.
Cando me faltaban uns cen chanzos para chegar á lúa, mesmo notei unha presenza ó meu carón que me fixo pensar nun extraterrestre, nun alieníxena invisible. Sinceramente, non sei que era.
E aquí tes a lúa ós teus pés. Custoume pero conseguino.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES