O Reverso do diario 'ABC' en Santoña: A desmontaxe da infamia mediática
Rivero, Manuel - jueves, 15 de octubre de 2026
A distorsión fisiolóxica de Mamede
O desembarco de Mamede Casanova en terras cántabras en novembro de 1903 e a posterior entrevista concedida ao xornalista Virgilio Colchero para o recén nado diario ABC destapan, a través dun rigoroso análise técnico, o reverso da lenda e a burda campaña de propaganda e intoxicación orquestrada pola maioría da prensa. As columnas do rotativo madrileño non procuraban informar sobre a realidade penitenciaria; o seu obxectivo era construír de xeito artificial o relato do "monstro asocial" para xustificar o uso do terror por parte do Estado. Nun exercicio de flagrante hostilidade, a maioría da prensa pretendía fixar o arquetipo dun criminal sanguinario, imputándolle falsamente a autoridade de crimes atroces que o expediente xudicial xamais recolleu: o asasinato de dous cregos, numerosos incendios, violacións e tiroteos masivos contra a Garda Civil.
Esta manipulación mediática resólvese de xeito documental ao examinar os tres grandes eixes de distorsión que o correspondente utilizou para sementar a infamia, desmontados hoxe pelo avance da disciplina investigadora:
A caricaturización anatómica-morfolóxica
O correspondente do ABC, incapaz de asimilar o magnetismo que o preso galego espertaba nas clases populares, tentou deshumanizar a Mamede a través dunha descrición física con marcadas deformacións morfolóxicas, un recurso habitual na prensa da época para infundir medo, terror e desasosego dun criminal e bandido imaxinario. Colchero pretendía buscar no corpo do fuxido os estigmas da vella e superada antropoloxía criminal de Lombroso (1), describindo a súa mandíbula cun sadismo animal: «de sus quijadas, la inferior, fuerte como la de un animal carnicero; aprieta el labio y los dientes de abajo contra los de arriba y desfigura la línea de la boca, que hace dura y casi feroz».
Esta estratexia mediática pretendía anular calquera rastro de compaixón na opinión pública, transformando os trazos dun mozo de vinte e un anos nunha besta perigosa que era urxente aniquilar baixo o garrote vil.
A mirada do sacristán hipócrita
O análise técnico do comportamento e as canles de comunicación tanto verbal como corporal recollidas na crónica deitaban un resultado radicalmente oposto ao do "monstro rústico". O xornalista laiábase na súa tribuna ao descubrir que os movementos de Mamede eran suaves, felinos e que a súa voz resultaba meliflua e o seu trato afable. Para camuflar o seu propio desconcerto ante o saber estar do mozo das Grañas do Sor, Colchero utilizou a difamación para xustificar o magnetismo do preso, cualificando o seu acicate visual como «una mirada de sacristán hipócrita, que roba la cera de las imágenes».
Dende o enfoque da Programación Neuro-Lingüística (PNL) contemporánea, esa mirada elucente que a prensa cualificaba de tramposa reflicte en realidade o control emocional, a agudeza perceptiva e a estratexia de supervivencia dun mozo intelixente que se sabía dono absoluto do seu propio relato público e que mantiña firme, con total serenidade, a súa absoluta inocencia perante os seus verdugos.
Mamede liberado dos ferros
O punto de ruptura máis potente daquel documento de novembro de 1903 reside en que a propia realidade do penal de Santoña pon en evidencia a versión do terror. O dato máis relevante e de maior interese histórico que confirma a actuación do penal de Santoña é que Mamede Casanova presentouse ante o xornalista totalmente ceibo, sen grillos e sen esposas. Esta situación de relaxación e hixiene penitenciaria, confirmada polo propio axudante do director do penal, deitaba luz sobre a fenda moral do Estado.
Mentres na Coruña as autoridades se defendían co sadismo medieval de ferros de trinta libras e illamento na rocha viva, en Santoña o reo era tratado como un interno ordinario, respectando a súa mobilidade elemental e mostrando que o pánico á súa forza non era máis que unha fantasía burocrática. O propio funcionario admitía con total naturalidade que a lenda de que Mamede rompía as cadeas cos puños non pasaba de ser unha artimaña corrente: o mozo, valéndose do seu enxeño, colocaba varios pares de medias antes do remache das argollas no patio, conseguindo un "anillo de luz" para, unha vez no calabozo, descalzarse con comodidade duns ferros que nunca chegaban a axustarse hermeticamente á canela. Mamede amosábase en Santoña como un home ancho de ombreiros, firme de pernas, de mans delicadas e cunha ollada a medias entre reservada e desconfiada.
O sutil fío da memoria
O paso de Mamede Casanova en terras do norte constituíu unha breve paréntese no seu calvario carcerario. O horizonte de Santoña presentábase incerto, cun patio común exposto ás traxedias cotiás dun presidio decimonónico, pero as súas ansias inquebrantables por romper os muros e acadar o seu vello soño de liberdade cara a América non esmoreceron. A pesar de que os rotativos teimaban en estender o po do esquecemento e a infamia sobre a súa figura, a verdade era teimuda e asomaba dende o fondo das súas propias actas.
A xustiza reclamaba o seu pronto retorno á Coruña para responder polas causas pendentes das Grañas do Sor. Mamede inicia o camiño de regreso consciente de que o enfrontamento final co fiscal do Estado estaba por chegar, pero coa certeza absoluta de que a calor dun pobo que se negou a abandonalo sería sempre o seu mellor escudo contra a mentira institucionalizada.
Nota histórica sobre o percorrido futuro
O penal de Santoña sería de novo o seu fogar en dúas ocasións posteriores: unha de triste lembranza, marcada polo motín e a morte do director do centro -unha revolta que, significativamente, Mamede foi o único preso que non secundou, deixando constancia da súa integridade moral-, e a definitiva, á súa volta do penal de Figueras, o escenario onde por fin lograría acadar a ansiada liberdade.
NOTAS:
1. Antropología criminal de Cesare Lombroso, desarrollada en su obra El hombre delincuente (1876), sostiene que la delincuencia es una conducta innata vinculada a características físicas y biológicas.
Fonte documental:
Arquivo histórico do diario ABC: Crónica de sucesos enviada polo correspondente Virgilio Colchero desde Treto (Cantabria), correspondente ao mes de novembro de 1903 (Artigo analizado: «Mamed Casanova, el temible bandido gallego que se creyó su leyenda», edición actualizada).

Rivero, Manuel