Chamados a gozar o banquete de Deus
Miguélez, Xosé Antón - domingo, 11 de octubre de 2026
DOMINGO 28 A.- Is 25 ,6-10.- Sal 22(23(.- Flp 4,12-14.19-20.- Alel Ef 1,17-18.- Mt 22,1-14
+ O Deus meu Señor, enxugará as bágoas de tódalas caras ( Is 25,8)
+O teu benquerer e a túa misericordia vanme seguindo tódolos días (Sal 22(23),6)
+Hoxe sei vivir na miseria e na fartura ( Flp 4,12)
+O Pai do noso Señor Xesús Cristo ilumine os ollos do noso corazón para que saibamos cal é a esperanza da nosa vocación ( Ef 1,17-18)
+Ide ás encrucilladas dos camiños e a cantos atopedes convidádeos á voda (Mt 22,9)
CHAMADOS A PARTICIPAR, INVITAR, PREPARAR, AGRADECER E GOZAR O BANQUETE DE DEUS
1. A luz santa do Bo
Pai de Cristo querido,
ven curar fame e dor
porque é compasivo,
agardando de nós
un xantar creativo,
un convite de unión
sen ninguén excluído,
en feliz comuñón,
polas vodas do Fillo.
2. Chámanos a gustalo
xeneroso e festivo,
cos mellores asados
e os máis selectos viños,
porque o Santo dos santos,
o Misterio divino,
quere ser adorado,
no camiño de Cristo,
con amor, vida e prato,
entre irmáns compartindo.
3. El mesmo se presenta
chamando nos camiños
aos pobres a unha mesa,
de manxar exquisito,
para que en leda festa,
xa sen tristes laídos
nin cativas ofensas,
poidamos recibirmos,
nesta vida primeira,
a eterna, nese signo.
4. Esa mesa agardada,
ese gozo e sorriso
é segura esperanza,
que ha chegar, e está vindo,
se en nosoutros, con graza,
é traballo asumido,
i é perdón que acompaña
con fraternal espírito,
a presencia na casa
do Amor Deus gratuíto.
¡Apertas de domingo!

Miguélez, Xosé Antón
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora