Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - viernes, 09 de octubre de 2026
Pensar é unha faena

Dosifiquei o esforzo de pensar, que ultimamente estaba pensando demasiado e iso nunca trae nada bo. Pensei na morte da becerra e descubrín que levaba xa media vida sen ter vacas, que tampouco é unha traxedia, pero dá que pensar. Pensei no silabario bendito e aquí, por fin, decateime de que pensara ben: usei tanto esa expresión que xa forma parte da miña personalidade, aínda que ultimamente anda máis de figos a béveras.
Pingas de Orballo Porén, polas noites, cando durmir se converte nunha actividade para xente con sorte, volven os pensamentos pequenos, que son os peores. Que se é boi ou vaca, que se arre ou xo, que se entre Pinto e Valdemoro, que se subo ou baixo, que se a flor do toxo é branca ou amarela. E, xa postos, se as bolboretas voan ou reptan.
Así ata deixar de pensar, que é cousa bastante máis complicada do que parece. Sempre se dixo que a cabeza non para, pero o peor non é que non pare: é que ás veces ferve. (Aquí teño que facer unha paréntese porque estou escoitando a Lee Marvin cantar "Wand'rin'Star", e hai cousas que un non pode escoitar sen pensar nel, na súa voz e naquela marabilla que lle saíu a un home que, segundo parece, foi a única vez que cantou na súa vida.)
Sigo. Como non vai ferver a cabeza se estou falando dunha cousa e xa estou pensando noutra. Hai que dosificar o pensamento, como quen administra unha medicina ou reparte uns doces para que cheguen ata o final. O problema é que un pensamento chama por outro, e cando queres darte conta, xa tes unha romaría dentro do cranio.
Así é que vou probar e deixar a mente en branco, que parece unha cousa sinxela ata que un a intenta. Porque, en canto aparece o branco, aparece tamén o negro. E aínda queda a dúbida máis importante: se os pensamentos teñen cor, quen lla pon? Eu, por se acaso, xa non penso máis. Ou iso penso.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES