Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Beiras sempre novo

Santalla, Iago - miércoles, 14 de octubre de 2026
Nun fado do José Viana creábase a imaxe certa de que o home ía madurando e vendo declinar a propia vida mentres "o Tejo é sempre novo". Algo así pasa cas ideas, que cando cadran co pensar dun parece que nunca envellecen nin elas nin quen trata de defendelas. Pode que as ideas sexan como o Tejo pero a vida é un ciclo inevitable polo que hoxe despedimos a Xosé Manuel Beiras.

Beiras, un home controvertido que a ninguén deixou indiferente. Hai unha parte indiscutible que é a súa valía intelectual e a súa moralidade sen tacha. A partir de aquí podemos discutir aspectos de forma e de fondo pero está moi claro que se vai alguén moi importante para a Galicia de hoxe en día. Pode que se vaia un segundo Castelao que, sen rozar o poder, é alguén fundamental para comprender toda a nosa historia.
Recordarei sempre a súa visita á facultade de Socioloxía na UDC. Era unha mañá na que a nova de que el ía falar impulsounos a cambiar de facultade. Socioloxía estaba de bote en bote e Beiras falou entre aplausos. No debate animeime a participar, agora mesmo non sei o que dixen pero lembro que falei recuncando nos problemas que daquela tiñamos. Acabou o acto e funme cos meus pero antes de chegar á porta alguén me dixo nas costas "ei rapaz, vén aquí". Era Beiras que me viña dar unha aperta. Unha anécdota mínima que vai comigo para sempre.

Hoxe o importante é que coa ausencia de Beiras non se vaian nin as súas ideas nin o seu bo facer. Quizais foi un home marcado por un feito que quedou no imaxinario colectivo pero o seu facer transcendeu con amplitude aquel feito. Somos moitos os que algunha que outra vez volvemos ao pensamento de Beiras. Hoxe, no primeiro día da ausencia, doume conta de que como dicía José Viana todo foi seguindo o ciclo vital mais as verbas de Beiras soaban sempre novas.
Que a terra lle sexa leve.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES