Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - jueves, 08 de octubre de 2026
Crónica dun avistamento

Levaba tempo sen vela. Ata penso que anos e anos. Unha lontra. Foi á altura do parque dos Patos, na Valenzá. Que bonita! E, para máis aquel, era noviña. Todos os animais noviños son dignos de querer, son máis simpáticos. Practicamente todos os seres vivos.
O dicionario da Real Academia Galega pon como primeira acepción o termo londra. Eu sempre as coñecín por lontras. Pingas de Orballo Porén, xa o teño dito moitas veces: a riqueza da nosa lingua.
Non me deu tempo a fotografala porque, a condenada, andaba a mergullarse, a somerxerse na auga, e cando preparei a cámara do móbil xa se metera polo oco que deixaban dúas grandes pedras de granito. Tan só deixou fóra o rabo.
Eu andaba a ler. Pero ler non consiste en non apartar a ollada do libro. De cando en vez hai que mirar o panorama; tamén para non tropezar ou chocar con algo. Así, ás veces, vexo bolboretas pousándose nas flores dos toxos e outras descubro recantos do regato dos Muíños nos que non hai ningunha pinga de auga.
Estiven esperando un cacho, a ver se a lontra se animaba a saír de novo, xogar e tomar o sol. Mais, como a min as esperas desespéranme, volvín a abrir o libro "En el blanco", de Ken Follett, e seguín coa lectura. Por pouco tempo. Axiña subín para á Avenida de Celanova para tomar un café e deixar constancia do avistamento da lontra.
Porque, tamén tomando o café... as esperas desesperan. E eu teño que facer algo. Así é que o fixen: escribín sobre a lontra. Ou londra.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES