Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Odio entre mariñeiros

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 08 de octubre de 2026
Había nunha ocasión, dous patróns de barcos que se levaban como o can e o gato. Tíñanse un odio atroz e alí onde se encontraban, a boca deles botaba lume coas pestes que se dicían un ao outro.
Imaxinádevos que odio se tiñan, que sen poñerse de acordo, trataban de saír ao mar en horas distintas para evitar encontrase no peirao, porque sabían que os insultos aparecían nas súas bocas como armas mortíferas.
Odio entre mariñeiros Pero aquel odio que se tiñan, chegou a repercutir incluso nos resto dos mariñeiros que tamén e pouco á pouco foi colándose entre a tripulación e ao final, ata o resto dos mariñeiros chegaron a ter problemas os dun barco co outro.
Este odio, este rancor entre os patróns de ambos barcos, durou moitísimos anos. Nin as familias entre si se falaban e así, entre unha familia e a outra e o odio estendido aos seus mariñeiros, daba a sensación que medio pobo eran inimigos entre si.
Naqueles tempos non era fácil andar ao mar, pois os barcos non tiñan medios para informarse das galernas e tempestades no mar, como tampouco tiñan medios para pedir auxilio en caso de calquera problema. Como moito, dispoñía dunha radio que se chamaba 'Radio Gonio' que lles servía para pedir auxilio e tamén para dirixirse de seguro a calquera parte á que querían ir.
Un día, e baixo unha pequena galerna, en que o temporal, aínda que non era de mar extremadamente brava, dáballe bastante que dominar aos patróns dos barcos para poder chegar a terra.
De súpeto, o barco dun destes patróns protagonistas de este odio enfermizo, agarrotóuselle o temón e o barco quedou ao garete. Quedou ao dispor dos caprichos do mar. O patrón afectado pediu auxilio por 'Radio Gonio' ao resto dos barcos compañeiros, aos máis próximos a el.
Mira ti por onde, quen escoitou o chamada de auxilio foi o outro patrón e que era o do barco máis próximo ao barco á deriva, o máis próximo ao seu mortal inimigo.
Odio entre mariñeiros Pero amigo, aquí chegou a hora do home, a hora dos corazóns abertos, a hora das almas puras. O patrón responde á chamada de socorro, "que che pasa?". "Que teño atascado o temón e vou á deriva, vou ao garete" lle respondeu o seu "inimigo". "Vou intentar achegarme a ti a ver que podo facer, os outros barcos están moi lonxe de nós".
Pasaron longos minutos de espera, longos minutos de terror para a tripulación ao tempo, coa dúbida nas mentes "que farán agora estes dous patróns?". O barco foise achegando ao avariado, pero o temporal non lles permitía achegarse moito, podían afundir os dous. O patrón do barco avariado, pola radio comunicoulle ao compañeiro "é moi perigoso, non te achegues, que tamén podes ir ti ao fondo", o seu inimigo respondeulle "non me importa, pero desta vou a por ti, se vou ao fondo vou contigo". O patrón afectado díxolle "por Deus, non te arrisques, pero se puidéramos polo menos salvar á tripulación, xa me conformaba". O inimigo respondeulle "á tripulación, a ti e ao barco".
Despois de moitos intentos, un barco conseguiu botarlle un cabo ao avariado e moi lentamente capeando o temporal, conseguiu remolcalo e chegar a terra e arribar no porto.
Unha vez no porto e amarrados os barcos, baixaron todos a terra e os patróns mirándose un a outro, déronse tal abrazo que nunca nada igual se acorda en porto ningún.
Foi tal a escena que se conta, que ata choraban as pedras. Mulleres, homes e nenos, alí presentes choraban todos de ver a dous grandes inimigos abrazados e os dous chorando coma nenos. Foron moitas as testemuñas que tamén viron como o resto dos mariñeiros se abrazan. Foron moitas as persoas que viron como o sentido común triunfou e como o factor humano por fin acabou con anos de enfrontamentos.
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES