Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Miña xoia

Yllade Ramil, Gemma - martes, 06 de octubre de 2026
Miña xoia non xoga este setembro
esta de cuarentena ata o inverno
miña xoia non deixa o armario aberto
por se se lle escapan os doces soños
ela soña con voar polos ceos como o fan as pombas
miña xoia camiña descalza ainda que con coidado por se algun cristal se lle crava
e cando non, anda con zapatos todos os dias da semana
eu coido da miña xoia e ela coida de min con nanas nos momentos nos que non teño un por que para rir
sempre lle dou compañia porque non me gusta que por algún motivo ela se sinta soiña
miña xoia abrúmame co seu soriso
ela crece ao ritmo do universo e con ela calquera se sente desperto
ela coñece unha morea de feitizos
e con nostalxia deixo que a miña xoia lea os versos que lle escribo, para que saiba o motivo
e que miña xoia e un dos únicos seres que me fai sentir o que sinto.
Yllade Ramil, Gemma
Yllade Ramil, Gemma


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES