Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A votar

Santalla, Iago - miércoles, 07 de octubre de 2026
Dende que teño dereito (como toda a cidadanía aos 18) nunca deixei de ir votar. Paréceme un dereito que historicamente custou moito conseguir e polo tanto auto impóñome unha obriga moral que é utilizalo. Vaia por diante que non considero que o voto teña que ser obrigatorio porque ás veces custa moito decidirse ante o ruído e o pouco saber estar que se ve. Non en tanto sei que o voto por obrigación só beneficia ao estamento político que nunha democracia non debería existir como tal.

Dito todo o anterior hai veces que custa moralmente exercitar esta obriga autoimposta por non cadrar con nada do proposto. Isto dá rabia e incluso xera certa frustración moral, mais cada elección sitúanos ante unha altura histórica á que temos a oportunidade de responder ou non. O que hai que ter claro é que, se non respondemos estamos tamén a dar unha resposta que pode situarnos fóra do sistema.

Que é mellor? A resposta a esta pregunta é interior e totalmente persoal como ese voto que entra ou non na furna. O que está claro é que cada elección abre unha fiestra de oportunidade para cambiar o rumbo. Quizáis decida a nosa sorte aínda que a verdadeira sorte é que o pobo ordene sempre e teña a capacidade perpetua de decidir e de remendar o decidido.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES