A dignidade: o primeiro
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 08 de octubre de 2026
Paréceme que se fala máis que nunca da dignidade humana e tamén me parece que se cometen máis ataqes que nunca a algo de tanta importancia.
Fálase moito de liberdade para actuar; pero...
Fálase moito de igualdade e resulta que...
Fálase moito de xustiza, pero...
Fálase moito de libre albedrío para que as persoas poidan tomar as súas propias decisións de forma volunaria, pero...
QUE LLO PREGUNTEN ÓS PAIS DE FAMILIA
-Moitos pais queren educar os seus fillos como foron educados: con respecto e obediencia ós superiores; pero non teñen liberdade:
As leis poñen límites, a sociedade imponse...
Séntense impotentes, pásano mal porque no ven o futuro prometedor que desexaría para os que máis queren.
As consecuencias son claras:
-Unha parte da infancia falta ó repecto ós proxenitores e resulta que teñen que aguantarse porque a criaturiña pode frustrarse.
¡Mal vamos!.
Por esa razón moitos adultos, teríamos que estar tramatizados e non é así: todo o contrario.
Agradecemos que nos correxiran para que soubéramos comportarnos no camiño da vida.
Traumatizados van estar eses que non saben que cando os proxenitores poñen límites, é para educalos para que poidan desenvolverse na vida con boas maneiras.
Cando non se corrixen os fallos na infancia, os males fanse crónicos e andando o tempo, atópanse con moitos obstáculos ó longo da vida.
¡Ser pai/nai de familia hoxe en día é todo un reto!
A veces toca a propia dignidade.
QUE LLO PREGUNTEN Ó PROFESORADO
Unha parte importante do alumnado falta ó respecto ó pofesorado de forma reincidente.
Nin aproveta os estudios nin permite que outros os aproveiten.
O profesorado desvívese; pero a veces séntese impotente.
Tampoucoo comprenden eses proxenitores que se non foron capaces de darlle unha educación en valores no propio fogar, moi pouco pode facer o profesorado.
Se o alumno falla e os proxenitores tamén, o profesorado desespérase, non pode cumprir a súa misión como desexaría e moitas veces acaba deprimíndose.
Desafortunadamente o profesorado ve a súa liberdade reducida e esto afecta tamén á súa dignidade persoal e profesional.
Sufrimos unha crise importante de autoridade.
¿Cando comprenderemos que un/ha alumno/a é un/ha alumno/a e un/ha mestre/a é un/ha mestre/a?
¿Cando comprenderemos que cada un ten o seu posto?
IGUALDADE REDUCIDA
En teoría deberíamos ter todos igualdade de oportunidades; pero tampouco é así.
A parte de que cada persoa ten as súas capacidades, tamén influen as circunstancias.
Esta crise de valores da que somos vítimas, leva consigo moitas desigualdades.
Quérennos vender igualdade de oportunidades; pero hai tantas ou máis desigualdades que nunca.
A falta de cartos e o abuso de poder, frustran moitos plans.
Hai persoas con moita valía que non poden demostrala e outras con menos valía que pasan diante.
¡Outro golpe á dignidade humana!
A VIDA É INXUSTA
A vida é un regalo divino; pero os humanos facémolo inxusto por envexas, codicia, egoísmo, soberbia, afán de poder, etc, etc...
Aínda así existen moitas persoas que deixan a pel para que poidamos gozar dunha vida digna.
A pesar de todo, a persoa humana ten una VALOR EXTRAORDINARIO por ser UNHA CRIATURA DIVINA ÚNICA E
IRREPETIBLE, independentemente da raza, da relixion, da situación económica, da cultura e doutras circunstancias humanas...
A AUTOESTIMA: UNHA NECESIDADE:
Ricos, pobres, máis intelixentes, menos intelixentes, brancos, negros, crentes, ateos, cultos, incultos...
Todos temos unha dignidade que temos que dar a respectar.
Se non nos respectamos nós mesmos...
¿Quen nos vai respectar?
Debemos mellorar a nosa autoestima dando o mellor de nós.
Non se sabe o que valemos se non o demostramos.
Temos moitas capacidades ocultas por desenrolar.
"AS CAPACIDADES OCULTAS"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración mesa ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora