Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha sociedade desinformada

jueves, 07 de enero de 2010
Coido que ante esta sociedade dirixida que vivimos, temos algo moito peor, unha sociedade desinformada. Para desgraza de nós, se queremos atopar ou escoitar algo que aseméllese á obxectividade temos que remexer nalgúns medios que pescuda nas mentiras e manipulación dos grandes medio e os poñen espidos e co cu ao ar. Hai uns días a “Web Arret Sur Images” descubriu a manipulación da “cadena France 2” que emitiu a semana pasada imaxes da protesta da ditadura hondureña como se fosen imaxes da recente manifestación en Teheran.

Concretamente esa fotografía atopábase nunha fotogalería do 19 de xullo no dixital de “Le Figaró”.

Ou sexa, o que en Honduras non era represión, en Irán remata sendo por graza duns manipuladores da prensa internacional controlada para dirixirnos, manipularnos e desinformarnos. Qué mais se pode dicir, este é un exemplo de miles de casos. Así é como os gobernos de Occidente que teñen o goberno pero non o poder, crean opinións no mundo (por orde dese poder na sombra) á súa medida segundo os intereses en cada contexto.

Desta maneira lembraremos a creación daquela opinión mundial favorable á guerra de Irak cunha grande mentira. Aínda hoxe está custando milleiros de mortos, o petróleo roubado e repartido entre esas grandes petroleiras de EEUU e os culpables organizan conferencias (guita millonaria) nos púlpitos, onde falan de ética e moralidade, póñense de moreno no verán nos iates, no inverno con raios UVA, bótanlle chapapote “finolis” ás canas e dormen a perna solta.

Con esta desinformación e manipulación que nos están vendendo sobre Irán, alguén destes novos “finolis canosos de chapapote” xa están pensando en facer como os outros: volver a matar, cometer xenocidios e roubar, sendo os medios internacionais que teñen o poder das grandes corporacións que controlan aos gobernos, aplaudindo a iniciativa. Cando as cousas non son cómo teñen que ser, hai gato pechado.

Comezamos o novo ano 2010 co mundo ao revés. De tolos. E estes suxeitos quédanse tan panchos. Non teñen nin un anaco de vergoña e o mundo contemplando as paranoias e surrealismos destes “mandilóns” que entregan o Novel da Paz a un guerreiro.

Seguen lubricando a próstata mental dos cidadáns con manipulacións e desinformacións para os seus fins bastardos. ¿Cando recuperaremos o sentido común dunha puñeteira vez?. Quizais cando o recuperemos sexa demasiado tarde.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES