Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lixo sobre un escaparate

jueves, 07 de enero de 2010
Leo na prensa e en Internet que a Xunta de Galicia acaba de publicar, para a súa licitación, un novo contrato de obra que ten como obxectivo fornecer ó complexo cultural da Cidade da Cultura duns accesos axeitados que permitan a súa visita dende o exterior, así como a intercomunicación entre os edificios que xa se ven levantados dende a estrada de circunvalación de Compostela, e ó mesmo tempo leo a enésima noticia crítica por parte de distintos xornais con sede na capital da provincia na que se atopa incluída a cidade arcebispal.

Son, querido lector, informacións que é posible que tamén vostede teña lido e que inciden ata o aborrecemento nunha liña editorial que a min como traballador do ámbito da cultura, como informador e especialmente como galego, provócanme sempre unha pregunta que vou colocar por riba da mesa a modo de reflexión.

É esta: ¿Ten sentido que sigamos matando, denantes de nacer, o proxecto no que a Xunta de Galicia ten soterrado máis investimento dende que se pode escribir a historia en clave de autonomía?

Certamente, se eu tivese opinión cando lle meteron a Fraga Iribarne o macroproxecto nos miolos, é evidente que non se levarían a cabo, non xa os cinco edificios programados, senón, nin sequera un edificio só.

Ora ben, ¿resulta intelixente, cando tantos millóns de euros están aí metidos, que continuemos botándolle lixo por riba ó noso escaparate do futuro?

Sinceramente, creo que non.

Por iso, malia que nos doa e teñamos que reescribir algúns artigos críticos xa publicados e moitas opinións emitidas ó respecto (e isto vale para os tres partidos políticos), creo que xa vai chegando a hora de colocar o contador a cero e empezar a sentila como propia (porque non nos vai quedar outro remedio) para evitar convertela no Cemiterio da Cultura Galega e, polo tanto, no santuario dun fracaso colectivo.

Velaí a razón pola que eu coloco hoxe esta humilde primeira pedra nesa dirección.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES