Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O neno Xesús naceu en Sober

F. Guitián, Luis - lunes, 22 de diciembre de 2003
Ese nacemento
do que todos falan,
non foi en Belén.

Foi nunha coviña
do Canón do Sil,
nevaba o día aquel.

San Xosé ofrecía
ós que se achegaban
Amandi a beber.

Para celebralo
amasou a Virxe
roscas e un pastel.

A xente da aldea
lle deu ós Reis Magos
augardente e mel.

Os de Gundivós
levaron cacharros
de barro con pez.

O neno sorría
escoitando á Banda
que tocaba pra él.

Hai xa dous mil anos
que o neno Xesús
naceu en Sober.
F. Guitián, Luis
F. Guitián, Luis


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES